Saltar ao contido

Encontro Irmandiño

Esta páxina está semiprotexida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Encontro Irmandiño (EI)
Colectivo político galego
Dirixentes e organización
LíderXosé Manuel Beiras Torrado
MocidadesMocidade Irmandiña
Historia
Fundación20 de xullo de 2007
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego
Socialismo
Independentismo
Altermundismo
Outros datos
SedeApartado Postal 356, 15010 A Coruña
Na rede
http://www.encontroirmandinho.org/

O Encontro Irmandiño foi un partido político galego que naceu como colectivo[1] do Bloque Nacionalista Galego no ano 2007. O 12 de febreiro de 2012 deslígase do BNG,[2] rexistrándose pouco despois, o 23 de marzo, como partido político. Encontro Irmandiño liderou o proceso de confluencia do chamado Novo Proxecto Común, que culminou na creación do partido Anova-Irmandade Nacionalista en xullo de 2012.[3]

Estrutura

Encontro Irmandiño naceu no proceso de debate da XII Asemblea do BNG, celebrada en Santiago de Compostela o 2 e 3 de decembro de 2006, dando nome á unha das listas críticas coa maioritaria liderada por Anxo Quintana. A lista propugnada polo Encontro Irmandiño conseguiu nove dos cincuenta membros do Consello Nacional e sentou a tres dos membros na Executiva Nacional.[4] Foi a segunda lista en número de votos. Un dos seus obxectivos era o de defender o modelo de organización asemblearista tradicional do BNG, que con todo a maioría dominante no BNG finalmente mudou nesta asemblea por un modelo de compromisarios.[5]

Encontro Irmandiño constituíuse en colectivo organizado dentro do BNG o 21 de xullo de 2007 nunha asemblea constituínte celebrada en Santiago de Compostela. Encabezado por Xosé Manuel Beiras Torrado, o Encontro defende unha volta aos principios fundacionais do BNG, como a democracia interna, asemblearismo e a comunicación fluída entre os estamentos da organización.[6] Tense dotado duns documentos de bases, que guían o seu traballo político.

Pouc olloo despois da escisión de varios sectores do Bloque Nacionalista Galego trala súa XIII Asemblea Nacional, entre eles o Encontro Irmandiño,[7] comezaron varios procesos de confluencia que, por unha banda, materializáronse na creación do Novo Proxecto Común. O 14 de xullo de 2012 celebrouse en Santiago de Compostela a Asemblea Nacional do Novo Proxecto Común,[8] adoptando o nome de ANOVA-Irmandade Nacionalista, cunha coordinadora nacional de 75 membros entre os que se atopaban os irmandiños Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega, daquela alcalde de Teo.[9][10]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas