Martiño Noriega
Martiño Noriega Sánchez | |
![]() | |
13 de xuño de 2015 – 15 de xuño de 2019 | |
Precedido por | Agustín Hernández |
Sucedido por | Xosé Antonio Sánchez Bugallo |
2007 – 13 de xuño de 2015 | |
Precedido por | Armando Blanco |
Sucedido por | Rafael Sisto |
Datos persoais
| |
Nacemento | 22 de febreiro de 1975 (45 anos) A Coruña, Galicia |
Partido | Compostela Aberta, Anova |
Profesión | Médico |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
@martinhonoriega |
Martiño Noriega Sánchez, nado na Coruña o 22 de febreiro de 1975, é un médico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Criado no ensanche compostelán, desde os 6 anos viviu no concello de Teo. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou a especialidade en Medicina de Familia na área de Santiago de Compostela .Traballou en Atención Primaria da Comarca de Compostela e tamén como médico coordinador na Fundación de Urxencias Sanitarias do 061. DEA en Saúde Pública pola USC .
Carreira política[editar | editar a fonte]
Despois de militar na asociación de estudantes universitarios CAF e de ser representante dos estudantes no claustro da Universidade de Santiago, dende 1995 comezou o traballo político no BNG de Teo e en 1999 converteuse en voceiro desta formación no concello. En 2006 entrou no Consello Nacional do BNG, e logo das eleccións municipais de 2007 converteuse en alcalde de Teo, cun goberno en minoría. En 2011 volveu ser elixido alcalde ao acadar a maioría absoluta.
Como membro e vicevoceiro do colectivo Encontro Irmandiño abandonou o BNG en febreiro de 2012, pasando en xullo dese mesmo ano a formar parte do movemento político ANOVA-Irmandade Nacionalista, desenvolvendo nunha primeira etapa o seu traballo político como responsable de Acción Institucional. En xullo do 2013, despois da celebración da I Asemblea Nacional desta organización política, foi elixido Coordinador Nacional. En novembro do 2014, despois da celebración da II Asemblea Nacional de Anova, Martiño Noriega foi elixido Portavoz de Anova xunto a Xosé Manuel Beiras.
En maio de 2015 encabezou unha candidatura de unidade popular en Santiago, Compostela Aberta, que resultou a lista máis votada nas municipais do 24 de maio. O 13 de xuño deste ano foi investido alcalde de Santiago de Compostela, sucedendo ao popular Agustín Hernández.
En setembro de 2018 anunciou a súa intención de ser reelixido como candidato á alcaldía para as eleccións municipais en maio de 2019, coa idea de repetir co mesmo equipo de goberno para tratar de dar continuidade ó capital político e á experiencia acumulada.[1]
Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a alcaldía que pasou a ocupar Xosé Antonio Sánchez Bugallo do PSdeG.[2]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
É parella de Antía Otero, con quen ten unha filla e un fillo.[3]
Predecesor: Armando Blanco Martínez |
![]() Alcalde de Teo 2007 - 2015 |
Sucesor: Rafael Sisto |
Predecesor: Agustín Hernández |
![]() Alcalde de Santiago de Compostela 2015 - 2019 |
Sucesor: Xosé Antonio Sánchez Bugallo |
Obra publicada[editar | editar a fonte]
Obra individual[editar | editar a fonte]
- Por un común denominador. A esquerda da nación. 2.0 editora (2011).
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, Galaxia (2011)
- Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, Edita. Academia Real Isaac Díaz Pardo. (2013)
- Entrementres. Ensaios para unha nova cultura política. Corsárias Editora. (2014)
- A contradición permanente. Conversas sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017). Libro de conversas co poeta é xornalista Daniel Salgado. Edicións Xerais (2017)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Pontevedra, Diario de (2018-09-27). "Martiño Noriega, dispuesto a repetir como candidato en las municipales". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2019-01-17.
- ↑ Bugallo, proclamado alcalde de Santiago
- ↑ "Martiño Noriega, padre por segunda vez de un varón que se llama Airas". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xuño de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Martiño Noriega ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), con Daniel Salgado, 2017.