Miquel Garriga i Roca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiquel Garriga i Roca

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoxaneiro de 1808 Editar o valor em Wikidata
Alella, España Editar o valor em Wikidata
Morte1888 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPoblenou Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , urbanista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Fachada da casa do concello de Mataró, obra de Garriga i Roca de 1867

Miquel Garriga i Roca, nado en Alella en 1804 e finado en Barcelona en 1888, foi un arquitecto e urbanista catalán, fillo e neto de arquitectos.

Traectoria[editar | editar a fonte]

Durante o seu período de arquitecto municipal de Barcelona, no ano 1858 realizou o levantamento dun plano topográfico do interior da cidade a escala 1:250, chamado popularmente «Quarterons Garriga i Roca». Tamén fixo uns planos topográficos de El Masnou, un en 1849 e outro no ano 1850.

Proxectou un plan para o Eixample barcelonés no ano 1857, que a pesar de ter sido aprobado, ao final realizouse a idea que presentou Ildefons Cerdà.

A súa obra máis famosa foi a construción do Gran Teatre del Liceu no ano 1845 sobre un antigo convento trinitario e inaugurado en abril de 1847.

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

  • Revista Boletín Enciclopédico de Nobles Artes, varios artigos entre 1846 e 1847.
  • Monografía del monasterio de Santa María de Junqueras de Barcelona en 1854.

Obras[editar | editar a fonte]

  • 1841 La Peixateria, lugar para a venda de peixe en Mataró
  • 1845 Casa do concello neoclásico de Masnou, por encargo do alcalde Joan Rubis.
  • 1847 Casa Fontrodona. Residencia de Àngel Guimerà na rúa Petritxol, en Barcelona.
  • 1860 Cemiterio municipal de Masnou.
  • 1860 Casa Farguell na praza Santa Anna, en Barcelona.
  • 1864 Casa Martí i Fàbregas. Reformas dunha casa do século XVIII da rúa Portaferrisa de Barcelona.
  • 1867 Fachada da casa do concello de Mataró.
  • 1868 Reformas na Casa da Cidade de Barcelona

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Tomo 9 (2004). La Gran Enciclopèdia en català. Barcelona, Edicions 62. ISBN 84-297-5437-7.