Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de outubro de 1749 Santalla de Ozcos |
| Morte | 2 de febreiro de 1809 Dompiñor |
| Causa da morte | homicidio, linchamento |
| Actividade | |
| Ocupación | empresario |
Antonio Raimundo Ibáñez Gastón de Isaba y Llano Valdés, nado en Ferreirela de Baxo[1] (Santalla de Ozcos) o 17 de outubro de 1749 e finado en Dompiñor (Ribadeo) o 2 de febreiro de 1809, foi un ilustrado e industrial asturiano. Creou en Sargadelos o primeiro alto forno da industria española e unha fábrica de louza, polo cal foi nomeado tras a súa morte Marqués de Sargadelos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chegou a Ribadeo no 1768, e ó ano seguinte xa era administrador da casa de Guimarán, por encargo do seu titular, o ribadense emigrado ó territorio do Perú Bernardo Rodríguez de Arango y Mon[2].
Axiña se enriqueceu co comercio de maínzo, trigo, aceite, viño, augardente ou liño. Desempeñou múltiples cargos políticos, case todos ligados á política municipal, nunha carreira que comezou en 1775 ao ser escollido como deputado do común. Ese mesmo ano casou con Josefa López Acevedo y Prada.[3]
Impulsou a industrialización da zona, creando primeiro unha ferrería e logo toda unha industria en Sargadelos, na que chegou a fabricar armas e vaixelas finas. Nos tempos da guerra da Independencia, os seus inimigos políticos e económicos conseguiron o seu linchamento en Dompiñor (Piñeira, Ribadeo) o 2 de febreiro do ano 1809, día no que a turba entrou na súa casa en Ribadeo e saqueouna.[2]
As súas fábricas en Sargadelos continuaron funcionando ata o ano 1875, sendo poxadas no 1878.
O título de Marqués foille outorgado tras a súa morte, seguindo na familia ata a actualidade.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Pazo do Marqués en Sargadelos
- Estatua do marqués situada ás portas do Pazo de Ibáñez en Ribadeo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pangallaica.com (2008). "Santalla de Oscos: Tierra natal del Marqués de Sargadelos". Consultado o 28 de setembro 2008.
Don Antonio Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos, nació en la aldea de Ferreirela, donde aún quedan restos de su casa natal.
- 1 2 "Ribadeo en el fulgor y muerte de Antonio R. Ibáñez". La Voz de Galicia. 1 de agosto de 2016. Consultado o 6 de agosto de 2016.
- ↑ Prado Gómez, Antonio (1993-1994). "Sargadelos, una experiencia ilustrada precapitalista". Boletín do Museo Provincial de Lugo (6): 29–51. ISSN 0212-8438.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, A. (1952). "Ibáñez, Antonio Raimundo". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 229.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Isaac Díaz Pardo (2 de febreiro de 2009). "O asasinato do creador de Sargadelos". La Voz de Galicia. Archived from the original on 14 de febreiro de 2009. Consultado o 03 de setembro de 2018.
- Daniel Salgado (30 de xaneiro de 2009). "A imposíbel revolución industrial". El País.