Loito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tristeza inconsolábel: pintura de 1884 de Ivan Kramskoy.

O loito[1] tamén chamado luto, lucto e luito,[2] do latín luctu[3]é unha forma social de expresar a perda ante a morte. A través de diferentes elementos representativos, as persoas e a sociedade expresan e explican o sentimento de perda.

Lazo de loito.

Os elementos formais varían segundo os países e culturas; no noso caso, isto faise a través de tumbas, candeas e roupas ou a cor negra (roupa de loito). Co tempo, estas expresións, xunto cos ritos funerarios, cambiaron moito.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "loito". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-03-28. 
  2. "luto, lucto, luito, loito". ilg.usc.gal; Dicionario de dicionarios. Consultado o 2024-03-28. 
  3. FERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. 2ª edição. Río de Xaneiro. Nova Fronteira. 1986. p. 1 054.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre psicoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.