San Cibrao, Lieiro, Cervo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°41′47″N 07°26′27″O / 43.69639, -7.44083

San Cibrao
San Cibrao, Cervo, Lugo.JPG
San Cibrao: praia,porto pesqueiro e vista parcial da poboación.
Parroquia Lieiro
Concello Cervo
Poboación 2138 hab. (2009)

San Cibrao é un lugar da parroquia de Lieiro, do concello de Cervo. Segundo o IGE en 2009 tiña 2138 habitantes (1079 homes e 1059 mulleres), 80 menos ca dez anos antes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Conforma unha península cara ao mar Cantábrico, formada trala unión dunha illa (Porto de Arriba) co continente (Porto de Abaixo ou Figueiras) por mor da acumulación de area. Na Atalaia da península hai un faro. O peirao está protexido por un esporón.

Ten diversas praias, como Cubelas, O Torno (onde desauga o río Cobo) e A Canosa, as dúas últimas Bandeira Azul da Unión Europea.[Cómpre referencia] A un quilómetro e medio da costa está o arquipélago dos Farallóns, que abrangue as illas Baixa, Sombriza e Pé.

Historia[editar | editar a fonte]

Istmo de San Cibrao.
Museo Provincial do Mar en San Cibrao.

Nos séculos XIV e XV a aldea acollía estaleiros de carabelas e unha fábrica de salgado, da que se conservan restos coñecidos como o Castelo mariño.

Vencellado nalgún momento coas fábricas de Sargadelos, o porto de S. Cibrao dotouse no século XIX co faro da Atalaia. tamén a mediados do século XIX (1850), unha real Orde constitúe a Aduana de S. Cibrao, que funcionará ata o segundo terzo do século XX[1].

A finais do século XX, a instalación dunha fábrica de aluminio trouxo asemade a construción do porto de S. Cibrao (comercial), dependente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

No antigo grupo escolar está o Museo do Mar de San Cibrao, dependente da Rede Museística Provincial de lugo.

Cultura e lendas[editar | editar a fonte]

As illas Farallóns deron pé á lenda da Maruxaina: un ser metade peixe metade muller, que toca o corno. Segundo as fontes, con boas (para avisar da proximidade dun temporal) ou malas intencións (para facer tolear a xente e que os barcos embarranquen nos Farallóns).[Cómpre referencia] En agosto celébrase a festa da Maruxaina, declarada de interese turístico.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Pablo Mosquera (31/05/2017). "La aduana de San Ciprián". A Mariña / La Voz de Galicia. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Lieiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Lieiro no concello de Cervo (Lugo)

O Castelo | Gondrás | O Guioncho | Lieiro | Pedrosa | San Cibrao | A Venda

Parroquias de Cervo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cervo

Castelo (San Xiao) | Cervo (Santa María) | Lieiro (Santa María) | Rúa (Santa María) | San Román de Vilaestrofe (San Román) | Sargadelos (Santiago)