Saltar ao contido

Festa da Maruxaina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festa da Maruxaina
Lugar da festa
Datos da festa
LugarSan Cibrao
Comezo1985
Datasegundo sábado de agosto
PaísGaliza
ConcelloCervo
ParroquiaLieiro
Comisión da festaAmigos da Maruxaina

A festa da maruxaina é unha festa de interese turístico[1] que se celebra cada verán na localidade galega de San Cibrao, en Lugo.

Escultura A Maruxaina feita por Ánxel Cao, inmaugurada en 2006.

A festa da Maruxaina, que se celebra o segundo sábado de agosto, é un agradecemento popular a canto significa e produce o mar. Para iso, conta a lenda, que na costa lucense, en fronte de San Cibrao, existe un castelo baixo a auga onde habita unha serea. Uns din que a serea é boa e que emprega a súa sabedoría para avisar e librar ós mariñeiros das inclemencias do mar. Porén, outros coidan que a serea é mala e que emprega os seus encantos para enfeitizar e encandear ós mariñeiros, e que estes se perdan no mar e pasen o resto dos seus días na súa compañía.

Portada polos mariñeiros, terá o seu xuízo na praia do Torno. É unha comitiva na que todos participan con candeas e farois para axustizar e posteriormente dependendo de se é inocente ou non, impartirlle o seu destino. Se é declarada inocente, o pobo concédelle o indulto á difamada serea e a festa continúa cunha gran queimada, se é culpable, préndenlle lume mentres berran entre músicas e cánticos.

Isto pon punto final a este encontro na praza da vila.

Actividades

[editar | editar a fonte]

A vila acolle multitude de actividades para todas as idades, dende un concurso previo para elixir o cartel oficial, até o canonazo inaugural, pasarrúas, charangas, degustacións gastronómicas, o recoñecemento ao "Maruxaino de Honra" que honra a quen promove a festa ou contribúe ao seu coñecemento, xogos populares e infantís, feira de artesanía o "Gran Xuízo Popular" á Maruxaina.[2]

Notas

  1. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2023-01-31). "FESTAS DE GALICIA DE INTERESE TURÍSTICO FESTA DA MARUXAINA DE SAN CIBRAO EN CERVO LUGO". Turgalicia. Consultado o 2024-03-09. 
  2. "Maruxaina 2023: programa da festa". Blog Mundo R. 2023-08-08. Consultado o 2024-03-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]