Saltar ao contido

Camariñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCamariñas
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°07′48″N 9°11′06″O / 43.13, -9.185
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalCamariñas Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.151 (2023) Editar o valor en Wikidata (99,83 hab./km²)
Xeografía
Superficie51,6 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataManuel Valeriano Alonso de León Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Camariñas Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15123 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15016 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcamarinas.net… Editar o valor en Wikidata

Camariñas é un concello da provincia da Coruña, encravado na Costa da Morte e pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2014 tiña 5774 habitantes (6226 no 2010, 6323 no 2006, 6467 no 2005, 6502 no 2004, 6597 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é camariñán[1][2] ou camariñés.[3]

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total 2014 5774 habitantes
Menores de 15 anos 613 (10,62 %)
Entre 15 e 64 anos 3612 (62,56 %)
Maiores de 65 anos 1549 (26,83 %)
Evolución da poboación de Camariñas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4153 5288 5707 7220 6502 6226 6082
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Topónimo

[editar | editar a fonte]

Camariñas é un fitónimo procedente da camariña, arbusto que medraba no areal de Camariñas e que antano tiña difusión por toda a franxa atlántica de Iberia[Cómpre referencia]. Tamén lle deu nome á vila da Pobra do Caramiñal. Agora esta planta medra unicamente en escasos lugares, coma nos Azores, Punta Umbría en Andalucía, e abundantemente no areal de Trece (Camariñas), o corazón da Costa da Morte.

No quebraondas do pobo de Camelle o alemán Manfred Gnädinger creou unha casa-escultura que, decorada coas súas obras artísticas e que reflectía a súa relación co mar. Tras o falecemento do artista (relacionado coa contaminación deixada polo chapapote verquido polo petroleiro Prestige), unha Fundación coida o seu legado[4]

O porto de Camariñas tamén é punto final da 5º etapa e principio da 6º do Camiño dos Faros.

Produtos típicos

[editar | editar a fonte]

Son célebres os encaixes de Camariñas.

[editar | editar a fonte]

O nome da vila é mencionado en ditos como:

  • Camariñas, Camariñas,/ El-Rei te quixo vender,/ o que merque Camariñas/ moito diñeiro ha de ter [5].
  • Nosa Señora da Barca/ ten uns zapatiños brancos,/ as mozas de Camariñas/ vanllos ver os días santos [6]

Camariñas [7] é o título dunha cantiga popular galega que foi cantada, entre outros por Rosa Cedrón, Luz Casal con Luar na Lubre, e a escocesa Julie Fowlis, nunha versión coa orquestra da BBC que combina as linguas galega e a gaélica de Escocia.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Camariñas

Camariñas (San Xurxo) | Camelle (O Espírito Santo) | A Ponte do Porto (San Pedro) | Xaviña (Santa María)

Lugares de Camariñas

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Camariñas vexa: Lugares de Camariñas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para camariñán.
  2. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 44. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para camariñés.
  4. [1]
  5. Xosé Filgueira Valverde: Segundo Adral, Ediciós do Castro, Sada 1981, 254.
  6. Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 183.
  7. "Letra de CAMARIÑAS de Cantigas Populares Galegas". musica.com. Consultado o 2022-11-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.