Saltar ao contido

Manfred Gnädinger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManfred Gnädinger

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Radolfzell am Bodensee, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 2002 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Camelle, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1783617

Manfred Gnädinger, coñecido como Man ou O alemán de Camelle, nado en Radolfzell o 27 de xaneiro de 1936 e finado en Camelle o 28 de decembro de 2002, foi un pintor e escultor ermitán de nacionalidade alemá que viviu durante corenta anos na praia de Camelle (Camariñas, na costa da Morte). Tratou de levar unha vida o máis sinxela e natural posible, creando unha peculiar paisaxe de pedra preto da praia onde vivía e coidando o seu pequeno xardín.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nace e pasa a súa infancia en Alemaña, procedente dunha familia de sete irmáns, estudou Artes en Italia. Impartiu clases de arte en Suíza a persoas con problemas de integración social. O seu interese pola preservación do medio ambiente e a curiosidade por coñecer a costa galega levárono á Costa da Morte. En maio de 1961 chegou a Camelle, inmerso nas festas patronais do Espírito Santo. Dende ese día ese alemán solitario, educado e de bo aspecto, con certo aire de turista acomodado, instalouse para sempre na vila.

Viviu até á súa morte da axuda dos veciños e do que lle achegaba mostrar a súa arte nas rochas nas que habitaba (un euro por persoa no último ano máis a obriga de deseñar nun caderno o que máis chamase a atención). A súa morte, natural, vinculouse no imaxinario popular coa indignación provocada pola catástrofe do petroleiro Prestige e a marea negra que provocou.

O 9 de novembro de 2010, un temporal levou o que quedaba da súa obra.[1]

Escultura de Man en Camelle.

En tanto como escultor pódese clasificar nas artes contemporáneas do Land art, e a arte marxinal. Na súa memoria foi creado en Camariñas o Museo do Alemán, actualmente atópase en estado de abandono.[2]

O autor e a súa obra fixeron coñecida no mundo enteiro á vila de Camelle, ata tal punto que é practicamente imposible atopar na rede información deste lugar na que non se faga referencia a Man, e viceversa. A posta en valor e a recuperación do legado de Man, tamén o é, por extensión do porto de Camelle e a súa contorna, nos que Man non só creou, senón que converteu no seu fogar e no seu propio proxecto museístico espontáneo.

O traballo que Man realizou ao longo dos anos nas inmediacións do espigón de Camelle quedou destruído por mor do vandalismo e das últimas catástrofes climatolóxicas da zona. A obra que persiste actualmente no xardín-museo, único xardín mariño de esculturas no mundo, non representa o seu estado orixinal.

En 2014 iniciouse un proxecto denominado MAN: mar, arte e natureza, que ten por obxectivo recuperar a obra de Man e expoñela tanto na Casa do Alemán coma en Internet, por medio dunha exposición virtual.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Abeleira, Xoán (2006). A pegada de Man. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-464-4. 
  • Cequera, Bernardo (2008): Manfred, o alemán de Camelle. Documental 60 minutos

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]