As Somozas, As Somozas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
As Somozas
Igrexa de Santiago Seré.JPG
Igrexa de Santiago Seré
As Somozas, As Somozas.jpg
Concello As Somozas
Poboación 638 hab. (2013)
Entidades de poboación 61

Santiago Seré das Somozas é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2013 tiña 638 habitantes (304 mulleres e 334 homes) distribuídos en 57 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 644 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de Santiago Seré das Somozas, do século XVIII, de estilo barroco. Planta rectangular, con tres naves. Destacan na parte posterior dos muros do presbiterio os xabarís e escudos, símbolos dos Andrade.
  • Escola Aurora das Somozas, localizada na Garita, construída a principios do século XX polos emigrantes en Cuba, foi escola até a Guerra Civil.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares das Somozas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia das Somozas no concello das Somozas (A Coruña)

Abeledo | Agra | A Agraxoiba | Os Avosendos | A Baiuca | A Barreira | O Campo | Carballeira | Cardeira de Meroi | Cargas | A Casanova | Castelo | Cerdeira de Cabalar | Chao de Abaixo | Chao de Arriba | As Cortiñas | O Coto de Salas | O Coto | Coucixoso | Escalo | A Ferraría | Fontelo | Fonticova | O Foxo | A Fraga | A Garita | Gradaílle | Gradoi | Guntille | A Igrexa | Loureiros | O Machuco | Martinga | Meroi | Moimento | Montecalvo | A Nogueira | Os Novás | A Pallota | Parañoi | Pastoriza | Penela | O Pereiro | Poelle | A Pradanova | A Pradavella | A Queira | A Ramisqueira | O Rego | San Roque | Sansidro | Santo Estevo | O Seixidal | Suarriba | Sueiras | Teixeiro | Tiquión | A Torre | Trigal | Vilachave | Xibarido

Parroquias das Somozas[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias das Somozas

As Enchousas (San Pedro) | Recemel (Santa María) | Seixas (Santa María) | As Somozas (Santiago Seré)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]