Serradoiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clásico serradoiro de fins do século XIX nos Estados Unidos.
Serradoiro romano de Hierápolis do século III da Era Cristiá. É a mostra máis antiga do mecanismo biela-manivela.[1][2][3]

Un serradoiro[4] ou serra[5] é unha instalación mecanizada ou artesanal dedicada ao serrado de madeira.

Os serradoiros son industrias de primeira transformación da madeira; subministran produtos semielaborados que xeralmente son destinados a unha industria de segunda transformación (carpintaría, ebanistaría, construción, etc.) encargada de fabricar obxectos ou partes de obxectos de consumo.

As primeiras serras mecánicas eran movidas por muíños, polo que os serradoiros estaban situados tradicionalmente nas proximidades dos cursos de auga, os cales tamén facilitaban o transporte dos troncos.

A fins do século IX foi cando comezaron a utilizarse serradoiros. Estes tiñan movemento propio grazas ao quecemento da auga dentro de si para convertela en vapor. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grewe, Klaus (2010). Las técnicas y las construcciones de la Ingeniería Romana (PDF) (Informe). V Congreso de las Obras. pp. 381–401. 
  2. Grewe, Klaus (2009). "Die Reliefdarstellung einer antiken Steinsägemaschine aus Hierapolis in Phrygien und ihre Bedeutung für die Technikgeschichte. Internationale Konferenz 13.−16. Juni 2007 in Istanbul". En Ege Yayınları/Zero Prod. Ltd. Bautechnik im antiken und vorantiken Kleinasien (PDF). Byzas (en alemán). Istanbul. pp. 429–454 (429). ISBN 978-975-807-223-1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de maio de 2011. Consultado o 22 de novembro de 2016. 
  3. Ritti, Tullia; Grewe, Klaus; Kessener, Paul (2007). "A Relief of a Water-powered Stone Saw Mill on a Sarcophagus at Hierapolis and its Implications". Journal of Roman Archaeology 20: 138–163 (161). 
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para serradoiro.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para serra.