Ferreiriño palustre
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ferreiriño.
Ferreiriño palustre | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Poecile palustris' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Parus palustris |
O Ferreiriño palustre (Poecile palustris, antes Parus palustris) é unha ave paseriforme da familia dos páridos.
Morfoloxía e hábitos[editar | editar a fonte]
Ten unha lonxitude duns 11,5 cm e un peso de 11 gramos. Corpo gris con lombo pardo e parte superior da cabeza negra. O seu hábitat predilecto son as fragas de monte baixo, hortos e montañas ata os 1.400 metros de altitude. Aliméntase de insectos e sementes.
Reprodución[editar | editar a fonte]
Pon o niño en ocos de árbores. Normalmente as postas son de 7-8 ovos e fanse entre abril e maio. O tempo de incubación é de 12-13 días. Os polos comezan a abandonar o niño ós 17-20 días trala eclosión.
Distribución[editar | editar a fonte]
Presente en toda Europa Occidental e central, excepto a Península Ibérica (coa excepción da franxa pirenaica).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C. D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009.
- Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
- Gran Guía de la Naturaleza. AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)
- ↑ BirdLife International (2012). "Parus palustris". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.