Materia orgánica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
A materia orgánica acumúlase nas augas estancadas e no chan.

A materia orgánica é o conxunto de substancias químicas que conteñen carbono, formando enlaces covalentes carbono-carbono e/ou carbono-hidróxeno. Tamén poden conter osíxeno, nitróxeno, xofre, fósforo, boro, halóxenos e outros elementos. Estes compostos denomínanse moléculas orgánicas. Non obstante, non existe unha definición de consenso sobre o que é un composto orgánico orgánico, polo que dita definición é algo arbitraria, aínda que útil para tratar o amplo cambio da química.[1] Non son moléculas orgánicas os compostos que conteñen carburos, os carbonatos, e os óxidos de carbono. Algúns consideran inorgánicos os cianuros e o carbono do grafito e diamante e os fulerenos. As moléculas orgánicas poden ser naturais ou artificiais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Spencer L. Seager, Michael R. Slabaugh. Chemistry for Today: general, organic, and biochemistry. Thomson Brooks/Cole, 2004, p. 342. ISBN 0-534-39969-X

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]