Biocenose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A biocenose, ou tamén comunidade biótica, biolóxica ou ecolóxica, é o conxunto de organismos que coexisten nun hábitat definido, ou biótopo, que ofrece as condicións necesarias para a súa supervivencia. O termo biocenose foi acuñado en 1877 por Karl Möbius, quen subliñaba así a necesidade de enfocar a atención non só cara ao individuo, senón ao conxunto de individuos.

A biocenose pode dividirse, segundo a clase de organismos que a forman, como en fitocenose (organismos vexetais) e zoocenose (organismos animais). O conxunto formado pola biocenose e o biótopo coñécese como ecosistema. En agricultura, o campo de cultivo e mais o seu ambiente inmediato reciben o nome de agrobiocenose.

Interaccións entre especies[editar | editar a fonte]

As relacións entre os individuos que conforman unha biocenose clasifícanse en dous grupos:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]