Peto mediano
Peto mediano | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Dendrocopos medius' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Distribución Dendrocopos medius
|
O Peto mediano (Dendrocopos medius) é unha ave da familia Picidae, que se atopa amplamente espallada polo Paleártico occidental, dende Irán á Cordilleira Cantábrica, en España, e dende Letonia ao sueste de Turquía¹³. A poboación mundial está estimada ao redor das 140.000 parellas reprodutoras, co groso dos seus efectivos no leste e sueste europeos².
Descrición
[editar | editar a fonte]A súa cabeza é vermella, a plumaxe é branca no peito, rosada no ventre baixo a cola, negro no dorso coas ás negras moi manchadas de branco, e marcas negras nas partes laterais do pescozo, sense converten en bigotes (como no peto sirio). O seu corpo mide entre 20 e 22 cm de lonxitude, máis pequeno có peto real, pero maior có peto pequeno. A súa envergadura ascende a 34 cm en media. O peso dun adulto varía entre 50 e 85 g.
É un paxaro discreto, que fica xeralmente nas copas, sobre as grandes ponlas das árbores. Prefire rexións do bosque de follas caducas, especialmente áreas con carballos, carpes ou olmos de arboredo denso. Gústalle alimentarse na parte alta nas árbores, movéndose constantemente e facendo unha boa visión difícil. Aliméntase predominante de insectos e das súas larvas, que atopa entre as ponlas e poliñas máis ben debaixo da codia; tamén toma o zume das árbores e come sementes, especialmente de faias, carpes e carballos.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Na estación de crianza escava un burato, de preto dos 5 cm de ancho, nalgún tronco ou nunha ponla grosa. Pon de catro a sete ovos e os choca entre 11 e 14 días, ficando os pitos no niño de 21 a 23 días.
Madura sexualmente ao final do primeiro ano. Durante a estación de crianza é monógamo. A asociación debilítase tras a crianza, pero pode continuar con distancia no inverno e renóvase durante a tempada de celo principal. Dende finais de xaneiro e máis frecuentemente en febreiro e marzo o macho peteira e fai chamadas ruidosos dende o seu territorio. Se unha femia se achega, o macho intensifica o súa chamada e realiza sorprendentes voos de flotación ata que atrae á femia. A continuación sedúcea. Ao mesmo tempo eriza as plumas vermellas da súa cabeza. A femia examina o burato preparado polo macho e adopta unha postura para a cópula. Os primeiros apareamentos teñen lugar en febreiro e son frecuentes en marzo.
O seu comportamento é marcadamente territorial durante todo o ano e inclúe enfrontamentos cos carpinteiros grandes. As chamadas inclúen un rápido, kik kikikikik que afirma cun gvaik gvaik gvaik gvaik gvaik, lento e nasalizado.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Dendrocopos medius alimentando ao seu pito
-
Distribución mundial do Peto mediano
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Peto mediano |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cramp, S. (Ed.). 1998. The Complete Birds of the Western Palearctic. Oxford CDROM. Oxford University Press.
- BirdLife International. 2004. Birds in Europe: populations estimates, trends and conservation status. Cambridge, UK: BirdLife International. BirdLife Conservation Series No. 12.
- Domínguez, J. 2010. Pico mediano – Dendrocopos medius. En: Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles. Salvador, A., Bautista, L. M. (Eds.). Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. http://www.vertebradosibericos.org/aves/pdf/denmed.pdf