Caracol de Quimper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Elona quimperiana»)
Elona quimperiana
Caracol de Quimper
Estado de conservación

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Orde: Stylommatophora
Superfamilia: Helicoidea
Familia: Elonidae
Xénero: Elona
H. Adams & A. Adams, 1855[2]
Especie: E. quimperiana
Nome binomial
Elona quimperiana
Férussac, 1821[3]
Distribución de Elona quimperiana
Distribución de Elona quimperiana

Distribución de Elona quimperiana
Sinonimia
  • Helix quimperiana Férussac, 1821

O caracol de Quimper[4] (Elona quimperiana) é un caracol de tamaño considerable que habita as zonas arboradas da Bretaña francesa e da cordilleira Cantábrica. Debido á súa limitada e particular distribución está protexido en Francia e España.

Descrición e características[editar | editar a fonte]

O Planorbarius corneus, é un gasterópodo que se asemella moito ao caracol de Quimper.

Debido á súa forma e coloración, o caracol de Quimper adoita confundirse co Planorbis corneus, gasterópodo de auga doce moi empregado nos acuarios.

A cuncha do caracol mide uns 30 mm de diámetro e uns 12 mm de altura, estas medidas o converten nun dos caracois maiores da fauna galega. A súa característica máis destacada son os seus laterais chás. Isto é debido a que as cinco ou seis voltas en espiral da cuncha están enroladas dun xeito chan e sen volume como adoita ser noutras especies. No adulto, a abertura da cuncha (peristome) está bordeada cun beizo.

A cuncha do caracol de Quimper é de cor marrón con pintas máis escuras nos individuos vivos, algúns caracois presentan matices amarelentos, sendo escaso nos caracois vivos, e común entre as cunchas dos mortos. A superficie da cuncha é bastante suave e mate, o cal o diferenza da Retinella incerta, caracol cuxa cuncha é brillante; as dúas especies cohabitan xuntas ao pé dos Pireneos e poden ser doadamente confundibles polos seus tamaños, cores e formas semellantes.

Unha das probas para diferenciar o caracol de Quimper doutros caracois é a translucidez da súa cuncha, o que permite ver o interior da mesma.

Distribución[editar | editar a fonte]

Foi en 1817 cando un naturalista se interesou por primeira vez polo caracol de Quimper. Os primeiros espécimes do caracol foron recollidos na área de Quimper, sendo enviados ao Barón André de Férussac quen, en 1821, describiu á especie baixo o nome de Helix quimperiana. Durante décadas, malacólogos e naturalistas seguiron traballando para establece-la súa distribución. Inicialmente foi descuberto na Bretaña, máis adiantes en España en 1855 e no País Vasco Francés en 1853, sendo coñecida a súa distribución xa a finais do século XIX.

Ao sur do golfo de Biscaia, o caracol de Quimper habita ao pé dos Pireneos, estendéndose a súa distribución ao longo do Cordal Cantábrico ata Galiza. En 1992 descubríronse por primeira vez novas poboacións ao sur do río Ebro, na Rioxa.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gómez, B. & Seddon, M. (2012): Elona quimperiana na Lista vermella de especies ameazadas. Versión 2015-4. Consultada o 09-03-2016.
  2. Adams H. & Adams A. (1858). The genera of recent Mollusca; arranged according to their organization. In three volumes. Vol. II., pp. [1-3], 1-661. Londres. (Van Voorst).
  3. Férussac A. E. J. P. J. F. d'Audebard de (1821-1822). Tableaux systématiques des animaux mollusques classés en familles naturelles, dans lesquels on a établi la concordance de tous les systèmes; suivis d'un prodrome général pour tous les mollusques terrestres ou fluviatiles, vivants ou fossiles. París, Londres. (Bertrand, Sowerby). Descrición na páxina 39.
  4. Caracol de Quimper (Elona quimperiana). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Daguzan J. & Gloaquen J. C. (1986): "Contribution à l'écologie d'Elona quimperiana (de Férussac) (Gastéropode Pulmoné Stylommathophore) en Bretagne occidentale". Haliotis 15: 17-30.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]