Saltar ao contido

Morcego mediterráneo de ferradura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rhinolophus euryale»)
Morcego mediterráneo de ferradura
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Suborde: Microchiroptera
Superfamilia: Rhinolophoidea
Familia: Rhinolophidae
Subfamilia: Rhinolophinae
Xénero: Rhinolophus
Especie: R. euryale
Nome binomial
Rhinolophus euryale
Blasius, 1853
Distribución Rhinolophus euryale en Galiza
Distribución Rhinolophus euryale en Galiza

Distribución Rhinolophus euryale en Galiza
Distribución da especie no mundo
Distribución da especie no mundo

Distribución da especie no mundo
Subespecies
  • R. e. subsp euryale, Blasius, (1853).
  • R. e. subsp judaicus, K.Andersen y Matschie, (1904).
Sinonimia
  • algirus, Loche, (1867).

O morcego mediterráneo de ferradura (Rhinolophus euryale) é unha especie de morcego dun tamaño intermedio entre o Rhinolophus ferrumequinum e o Rhinolophus hipposideros. dos que se diferenza pola forma da cadeira, que é puntiaguda e lixeiramente inclinada. Diferénciase tamén pola forma da ferradura, que no caso do morcego mediterráneo conta con tres sucos verticais, tamén a cor interior das súas orellas é rosada, mentres nos outros é escura; e a súa forma de envolverse coas ás durante o repouso, onde mantén as súas ás case recollidas e amosando case toda a súa área pectoral.

  • Talle- Cabeza e corpo, entre 4,2 a 5,8 cm.
  • Lonxitude da cola- 2,2 a 3 cm.
  • Envergadura- 38 cm.
  • Peso- de 8 a 17,5 gramos.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Esténdese dende a Península Ibérica, sur de Europa, Marrocos, Alxeria e Tunisia, Oriente Medio e sur do Cáucaso, ata Turkmenistán. En Europa o límite setentrional, pasa polo centro de Francia, norte de Italia e noroeste de Romanía, non habitando en zonas de alta montaña ou moi áridas.

Especie termófila, depende de espazos forestais heteroxéneos e cultivos tradicionais, situados en proximidades de zonas con abondosidade de cavidades para refuxio. Aliméntase principalmente de avelaíñas nocturnas, aínda que tamén aproveitan explosións demográficas de pequenos escaravellos do xénero Rhizothrogus. Captura as súas presas voando baixo ou sobre a foresta ou dende perchas á espreita.

Como á maioría dos quirópteros, son as perturbacións nos refuxios, xa sexan de cría ou hibernación, como a perda e degradación do seu hábitat e a diminución de presas dispoñibles pola utilización masiva de pesticidas agrícolas e forestais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]