Morcego pequeno de ferradura
| Morcego pequeno de ferradura | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Rhinolophus hipposideros Johann Matthäus Bechstein 1800 | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||
|
Nome curto
| |||||||||||
|
Combinación orixinal
| |||||||||||
|
Subdivisións
| |||||||||||
| Características | |||||||||||
|
Ciclo diurno
| |||||||||||
| Conservación | |||||||||||
|
Identificador UICN
| |||||||||||
| Distribución | |||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||
| Clase | Mammalia | ||||||||||
| Orde | Chiroptera | ||||||||||
| Suborde | Microchiroptera | ||||||||||
| Superfamilia | Rhinolophoidea | ||||||||||
| Familia | Rhinolophidae | ||||||||||
| Subfamilia | Rhinolophinae | ||||||||||
| Xénero | Rhinolophus | ||||||||||
| Especie | R. hipposideros | ||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||
O morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros) é a especie máis pequena do xénero Rhinolophus da rexión Paleártica; confúndeselle doadamante co Rhinolophus mehelyi e Rhinolophus euryale. Ten orellas grandes, cunha coloración dorsal parda máis ou menos escura e a parte ventral algo máis clara. As orellas e membranas alares sempre son máis escuras que o pelo do dorso. En estado de repouso envólvese totalmente coa membrana alar.
- talle - corpo de 3,7 a 4,5 cm.
- Envergadura - 19,2 a 29,5 cm.
- Peso - de 4 a 7 g.
- Voo - Altura media (4 a 5 m).
Distribución
[editar | editar a fonte]É unha especie paleártica, que se estende lonxitudinalmente dende Irlanda, polo oeste, ata Caxemira polo leste. Ten unha ampla distribución latitudinal, que abarca dende as zonas montañosas de Etiopía e o Sudán, ata o sur de Alemaña e Polonia.
Hábitat
[editar | editar a fonte]É de marcado carácter cavernícola, prefire áreas de cuberta vexetal arbustiva e arbórea, con presenza de augas superficiais. É capaz de ocupar altitudes moi amplas, con límite superior de 2.000 metros.
A reprodución prodúcese en colonias maioritariamente de femias. Teñen unha soa cría anual e as femias son fértiles dende os dous anos.
Aliméntanse principalmente de dípteros e nematóceros, aínda que en ocasións capturan presas sobre o chan.
Ameazas
[editar | editar a fonte]Como a todas as especies de morcegos, as ameazas máis comúns son a destrución do hábitat e o uso indiscriminado de pesticidas agrícolas e forestais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Morcego pequeno de ferradura |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Morcego pequeno de ferradura |
