Santa Xusta de Moraña, Moraña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°35′10″N 08°34′19″W / 42.58611°N 8.57194°W / 42.58611; -8.57194

Santa Xusta de Moraña
SXMoraña.jpg
Igrexa parroquial.
Concello Moraña
Poboación 525 hab. (2004)
Entidades de poboación 10

Santa Xusta de Moraña é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 525 habitantes (286 mulleres e 239 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 573 habitantes.

Moraña na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

No santuario de Santa Xusta de Moraña acoden os que se cren vítimas do mal de ollo para botar fóra o meigallo. Bouza Brey atribúe a iso a representación da Santa cunha vasoira na man, coa que limpa o feitizo ou símbolo das mesmas bruxas causantes do mal [1].

  • Santa Xusta de Moraña/ foi tres anos muiñeira/ tiña a escoba de palma,/ trabadoiras de oliveira.
  • Santa Xusta de Moraña/ tres anos foi muiñeira/ tiña a vasoira de palma/ e a escoba de oliveira.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Santa Xusta de Moraña[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Santa Xusta de Moraña no concello de Moraña (Pontevedra)

Alende | A Bouza | As Casiñas | A Igrexa | O Lameiro | A Laxe | Longás | As Pontellas | Rial | As Teixugueiras

Parroquias de Moraña[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Moraña

Amil (San Mamede) | Cosoirado (Santa María) | Gargantáns (San Martiño) | Lamas (Santa Cruz) | Laxe (San Martiño) | Rebón (San Pedro) | Saiáns (San Salvador) | San Lourenzo de Moraña (San Lourenzo) | Santa Xusta de Moraña (Santa Xusta)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BROUZA BREY, Fermín (1929): "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]