Liechtenstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Principado de Liechtenstein")
Fürstentum Liechtenstein
Principado de Liechtenstein
Bandeira de Liechtenstein Escudo de Liechtenstein
Bandeira Escudo
Lema: Für Gott, Fürst und Vaterland (alemán: «Por Deus, o Príncipe e a patria»)
Himno nacional: Oben am jungen Rhein
 
Europe location LIE.png
 
Capital
 • Poboación
Vaduz
4.949 (2001)
Cidade máis poboada Schaan
Linguas oficiais
Alemán
Forma de goberno Monarquía constitucional
Hans-Adam II
Alois de Liechtenstein
Klaus Tschütscher
Independencia
12 de xullo de 1806
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 223º
160 km²
Insignificante
76 km
non ten km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 187º
34.913 (2005)
203 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 179º
US$ 2.498.471 millóns
US$ 34.000
IDH n/d
Moeda Franco suízo
Xentilicio de Liechtenstein
Fuso horario
 • en verán
CET (UTC+1)
CEST (UTC+2)
Dominio de Internet .li
Prefixo telefónico +423
Prefixo radiofónico non ten
Código ISO 438 / LIE / LI
Membro de: EFTA, ONU, OSCE
Tódolos países do mundo

Liechtenstein (en-us-Liechtenstein.ogg [ˈlɪktənstaɪn] ) é un minúsculo principado do centro da Europa, encravado nos Alpes, entre a Austria, ao leste, e a Suíza ao oeste. Non ten saída o mar e é coñecido por ser un paraíso fiscal. Aínda que non pertence á Unión Europea, desde decembro de 2011 forma parte do espazo de libre circulación Schengen.

Historia[editar | editar a fonte]

O moderno territorio coñecido como Liechtenstein foi antes unha parte (aínda que diminuta) da provincia de Recia do antigo Imperio Romano. Durante séculos este territorio, xeograficamente excluído dos intereses estratéxicos europeos, contribuíu pouco á historia europea. Antes do goberno da dinastía actual, a rexión era un recinto feudal dunha das primeiras liñas da Casa dos Habsburgo. A Casa de Liechtenstein que goberna actualmente ten a súa orixe na afastada Silesia.

A dinastía de Liechtenstein, da cal o Principado toma o seu nome (máis que ao revés) estaba entre as familias nobres máis poderosas de Alemaña ao final da Idade Media. A pesar diso, e aínda que posuísen grandes terreos en Alemaña, estes custosos territorios estaban dados nun réxime feudal baixo o dominio de señores feudais, principalmente da Casa dos Habsburgo. Polo tanto, sen posuír ningún territorio directamente baixo o mandato Imperial, a dinastía Liechtenstein non cumpría o requisito imprescindible para poder formar parte da Reichstag.

En 1699 o príncipe Johann Adam de Liechtenstein comprou o dominio de Schellenberg e en 1712 o condado de Vaduz. Ao adquirir estes dous condados pretendía, deste xeito, un lugar no goberno do Sacro Imperio Romano. O 23 de xaneiro de 1719 o emperador Carlos VI decretou que os condados de Vaduz e Schellenberg se unisen para formar un principado co nome de Liechtenstein en honra ao seu servo Anton Florian de Liechtenstein. É neste momento cando Liechtenstein convértese nun estado soberano do Sacro Imperio Romano Xermánico. Ironicamente, aínda que como proba da importancia política que tiñan estas compras de territorios, os Príncipes de Liechtenstein non pisaron os seus dominios no principado ata varias décadas máis tarde.

En 1806, o Sacro Imperio Romano foi invadido por Francia. Este feito trouxo grandes consecuencias para Liechtenstein. As maquinarias legais e políticas do Imperio derrubáronse cando o Emperador abdicou. O propio Imperio disolveuse. O resultado da disolución foi que Liechtenstein xa non tiña obrigas para ningún señor feudal máis aló das súas fronteiras. Algunhas publicacións modernas atribúen (incorrectamente) a soberanía de Liechtenstein a estes sucesos. En realidade, o seu príncipe converteuse no único señor soberano do principado.

Ata a fin da Primeira Guerra Mundial Liechtenstein estaba fortemente ligado con Austria, pero a devastación económica causada por ese conflito forzou ao país a concluír unha unión monetaria e aduaneira con Suíza. Cando en 1938 a Alemaña Nazi anexionouse Austria, o principado viuse rodeado de territorios alemáns. No entanto, apoiouse en Suíza para manter a súa neutralidade aínda que, durante o desenvolvemento da Segunda Guerra Mundial, cando Hitler arrasaba Europa coas súas conquistas, temeu pola súa propia estabilidade. Para evitar unha invasión colaborou coas potencias do Eixo.

En 2000 o país adhérese ao Espazo Económico Europeo (EEE), o cal obriga a redefinir certos termos da unión aduaneira con Suíza, que non pertence a tal asociación.

Cronoloxía de Liechtenstein[editar | editar a fonte]

  • 1342 - Vaduz aparece citada pola primeira vez
  • 1699 - O Príncipe Johann Adan Andreas adquire as terras correspondentes a Schellenberg e en 1712 as terras correspondentes a Vaduz
  • 1719 - É elevado a Principado Imperial de Liechtenstein
  • 1806 - Independízase
  • 1868 - Abolición das forzas armadas
  • 1921 – Promúlgase unha nova constitución
  • 1924 - Firma do tratado coa Suíza e introdución do franco suízo na súa economía
  • 1978 - Ingresa no Consello da Europa
  • 1990 - Ingresa na ONU
  • 1991 - Ingresa na EFTA Asociación Europea de Libre Comercio)
  • 1995 - Adhérese á Área Económica Europea e mais á OMC (Organización Mundial de Comercio)

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política de Liechtenstein.

Liechtenstein é unha monarquía constitucional, encabezada polo príncipe, ou Fürst, que desde 1989 é Hans Adam II de Liechtenstein. A soberanía do Estado é compartida entre o príncipe e os cidadáns, os cales elixen un parlamento. O parlamento de Liechtenstein, o Landtag, está composto de 25 representantes escolleitos polo pobo. Unha cámara de cinco integrantes é a responsable dos asuntos políticos diarios.

Nun referendo levado a cabo o 1 de xullo de 1984, os votantes varóns permitiron ás mulleres o dereito a votar nas eleccións nacionais (aínda que non nas locais), unha vitoria do príncipe Hans Adam, quen apoiaba totalmente este cambio de lexislación. Contrariamente a outras monarquías constitucionais, a constitución de Liechtenstein asigna importantes poderes ao príncipe, o que produciu que algún deses poderes cause certa controversia nos últimos anos. Entre estes poderes, o príncipe pode vetar as leis aprobadas polo parlamento.

Con todo, nun referendo popular celebrado en marzo de 2003 reforzou a posición constitucional da dinastía reinante de Liechtenstein. Antes de devandito referendo, o príncipe Hans Adam, anunciara que el e a súa familia abandonarían Liechtenstein para ir vivir a Viena, en Austria, deixando a posibilidade de que Liechtenstein se convertese nunha república si os poderes da súa casa non eran referendados. O referendo confirmaría a popularidade coa que contaba a dinastía de Liechtenstein e a confianza que a maioría do pobo deposita no príncipe Hans Adam como líder.

Lista de príncipes do Liechtenstein[editar | editar a fonte]

  • Karl I: 1608-1627
  • Karl Eusebius: 1627-1684
  • Johann Adan Andreas: 1699-1712
  • Josef Wencel: 1712-1718
  • Anton Florian: 1718-1721
  • Josef Johann Adan: 1721-1732
  • Josef Wencel: 1732-1745
  • Johann Nepomuk Karl: 1732-1748
  • Josef Wencel: 1748-1772
  • Franz Josef I: 1772-1781
  • Alois I: 1781-1805
  • Johann Josef I: 1805-1836
  • Johannes II: 1858-1929
  • Franz I: 1929-1938
  • Franz Josef II: 1938-1989
  • Hans Adam II: desde 1989.

O 15 de agosto de 2004, Hans Adam II formalmente delegou o seus poderes no seu fillo, Alois de Liechtenstein. Hans Adam II, con todo, mantense como xefe de estado.

Organización territorial[editar | editar a fonte]

Vaduz, capital de Liechtenstein
Artigo principal: Subdivisións de Liechtenstein.

Liechtenstein está dividido en 11 comunidades (Gemeinden - singular Gemeinde), moitas delas son só unha única localidade.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Liechtenstein
Artigo principal: Xeografía de Liechtenstein.

O Liechtenstein está localizado no val do Rin nos Alpes. A fronteira occidental do Liechtenstein coincide con parte deste río. A parte oriental do país ten unha altitude máis elevada. O punto máis elevado é o Grauspitz, a 2.599 m.

A pesar da súa localización alpina, o vento predominante é o vento de sur, o que torna o clima máis ameno. No inverno, poden practicarse deportes de inverno.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Liechtenstein.
Sede de Hilti AG en Schaan, Liechtenstein.

A pesar de posuir limitados recursos naturais e ter un territorio pequeno, Liechtenstein é unha economía próspera, ben industrializada e ben servida dun sector de servizos financeiros. Por iso, posúe un padrón de vida comparable ao dos seus grandes veciños europeos. A economía de Liechtenstein é diversificada, con gran número de empresas de pequeno porte. Os baixos impostos de negocio (a taxa máxima de imposto é 20%) e regras fáciles da incorporación atraeron empresas estranxeiras para abrir escritorios nominais, fornecendo o 30% do rendemento ao Estado. O país tamén é coñecido por ser paraíso fiscal para fondos de investimento e bancos, que se interesan pola integración do país no sistema bancario internacional, a estabilidade política, a boa infraestrutura, os baixos impostos e a posición xeográfica favorable. Estas condicións atraen sociedades offshore.

Liechtenstein tamén posúe un tratado aduaneiro desde 1924 coa Suíza, o que permite que o país actúe dentro da zona comercial e aduaneira helvética. En 1995, o país pasou a integrar da AELC (Asociación Europea de Libre Comercio). O goberno local tamén está adecuando as políticas económicas coas comunmente feitas polos países da Unión Europea.

  • Moeda oficial: franco suízo.

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía de Liechtenstein.

Liechtenstein é, con 34.542 habitantes en 2011, o cuarto país menos poboado de Europa, logo da Cidade do Vaticano, Mónaco e San Mariño. A súa poboación residente está composta por ao redor dun terzo de estranxeiros, sobre todo alemáns, austríacos e suízos.

O idioma oficial é o alemán, aínda que a maioría fala un dialecto alemánico. En asuntos de relixión, hai aproximadamente un 76% de católicos romanos e un 7% de protestantes.

Transporte[editar | editar a fonte]

Hai aproximadamente 250 km de calzada pavimentada dentro de Liechtenstein e 9,5 km de ferrocarril. Os ferrocarrís do país son administrados pola empresa Ferrocarrís Federais Austríacos, como parte da ruta entre Feldkirch (Austria) e Buchs (Suíza). Hai catro estacións de tren en Liechtenstein: Schaan-Vaduz, Forst Hilti, Nendeln e Schaanwald, as cales son servidas por un servizo de tren regular, que circula entre Feldkirch e Buchs. A ruta que pasa por Liechtenstein é unha liña de gran importancia para o tráfico ferroviario; trens EuroCity atravesan o territorio sen parar nas pequenas estacións de Liechtenstein.

En Liechtenstein o autobús é un subsidiario do sistema suízo Postautobus, pero controlado separadamente, e conecta coa rede suíza de autobús en Buchs SG e en Sargans, así como na cidade austríaca de Feldkirch.

Hai 90 km de camiños de bicicleta marcados no país. O principado non ten aeroporto e o internacional máis próximo é o de Zúric. Preto de Balzers hai un pequeno heliporto, apto para pequenos helicópteros.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura de Liechtenstein.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Liechtenstein