Hilti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 47°10′50″N 9°31′27″E / 47.18056°N 9.52417°E / 47.18056; 9.52417

Hilti AG
Hilti logo.svg
Hilti Schaan.jpg
Sede de Hilti AG en Schaan, Liechtenstein
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1941
Localización FL-9494 Schaan Liechtenstein Liechtenstein
Fundador Martin Hilti e Eugen Hilti
Industria Ferramentas
Produtos Ferramentas elécticas
Número de empregados 14.000
Páxina web hilti.es

Hilti é unha empresa de ferramentas eléctricas con sede en Schaan, Liechtenstein, creada en 1941 polos irmáns Martin e Eugen Hilti. Hilti é unha das máis grandes empresas do sector da ferramenta eléctrica profesional do mundo, con delegacións en máis de 120 países e unha facturación de 4.000 millóns de euros[1].

Historia[editar | editar a fonte]

Tenda de Hilti en Nova York.

En 1941 os irmáns Hilti abriron un pequeno taller de mecánica con cinco traballadores. Durante a Segunda Guerra Mundial a empresa traballou fabricando pezas de motores para as empresas alemás.

En 1950 comezou a empresa a traballar e desenvolver a súa propia tecnoloxía en ferramentas de fixación: pistolas para fixar cravos. En 1957 obtiveron as súa primeira tecnoloxía empregando pólvora como fulminante para que o pistón golpee os cravos[2]. En 1967 sacaron ao mercado o Hilti TE17, un trade percusor electro pneumático cun peso de menos de cinco kg.

En 2009 a sede de Hilti en España anunciou o despedimento de 198 dos 895 traballadores da empresa[3].

Produtos[editar | editar a fonte]

Trade Hilti a batería.
  • Caixas de ferramentas
  • Sistemas a batería
  • Marca e medida láser
  • Fixación directa
  • Perforación e demolición
  • Anclaxes
  • Diamante
  • Sistemas de instalación
  • Corte e lixado
  • Produtos químicos
  • Proteción pasiva
  • Sistema parafuso

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hilti Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]