Vaduz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 47°08′00″N 09°31′10″E / 47.1333333°N 9.51944°E / 47.1333333; 9.51944

Vaduz
Vaduz.png Flag of Vaduz.png
Situación xeográfica
Karte Gemeinde Vaduz.png
Estado: Flag of Liechtenstein.svg Liechtenstein
-:
Xeografía
Altitude: 445 msnm
Superficie: 17,3 km²
Poboación
Poboación total: 5.214 hab. (2010)
Densidade de poboación: 300,8 hab/km²
Xentilicio:
Información
Código postal: 9490
Alcalde: Karlheinz Ospelt
Sitio na web: www.vaduz.li
Centro urbano de Vaduz

Vaduz é a capital do principado de Liechtenstein. É a sede do goberno do Principado e o lugar de residencia da familia principesca desde 1939. A cidade acolle tamén a sede do Arcebispado de Liechtenstein, á par que constitúe unha recoñecida praza financeira internacional.

Contaba con 5.214 habitantes en 2010[1] e o seu termo urbano exténdese sobre 17,3 km². Está bañada polo río Rin e situada a 455 metros de altitude.

Índice

Topónimo [editar]

O nome de "Vaduz" aparece mencionado por primeira vez no ano 1150 e polo que parece provén de avadutg, que en lingua romanche significa «acueduto». Alternativamente ofrécese a explicación dunha evolución híbrida do latín vallis "val" e o antigo alto alemán diutisk, "alemán" (deutsch en alemán moderno).

Historia [editar]

Desde mediados do século XIV, o castelo de Vaduz era a residencia dos condes de igual nome. En 1719, o conde de Vaduz e a comunidade de Schellenberg uníronse para formar un principado que tomou o nome de Liechtenstein. Desde 1723, o principado obtivo o dereito de sentarse e votar no Reichstag (o parlamento ou dieta do Sacro Imperio Romano Xermánico).

Política [editar]

O Gemeinderat ou Concello Municipal é elixido por catro anos por votación popular e conta con 12 membros.

Monumentos e sitios de interese [editar]

Museo de Belas Artes de Liechtenstein en Vaduz

A salientar:

  • Castelo principesco, remonta ao século XII, con galerías de madeira e arrodeado de viñedos, domina sobre a cidade.
  • Catedral e igrexa parroquial urbana de St. Florin , edificación neogótica construída entre os anos 1868 e 1873.
  • Museo de Belas Artes de Liechtenstein (Kunstmuseum Liechtenstein), inaugurado no ano 2000, contén coleccións artísticas que abranxen do século XIX á actualidade.
  • Museo Postal.

Naturais célebres [editar]

Galería de imaxes [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ligazóns externas [editar]