Alemánico
| Alemánico (Alemannisch) | ||
|---|---|---|
| Pronuncia: | AFI: alɛˈman(ː)ɪʃ | |
| Falado en: | sur de Alemaña, no nordés de Francia, en Suíza, Liechtenstein, no oeste de Austria e no norte de Italia | |
| Total de falantes: | 10 millóns aprox. | |
| Familia: | Indoeuropea Xermánica Xermánica occidental Alemán Alemán superior Alemánico |
|
| Escrita: | Alfabeto latino | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | gsw | |
| ISO 639-3: | varios: gct — [[]] gsw — Alemán suízo swg — Suabo wae — Alemá walser |
|
|
(situación arredor do 1950)
|
||
O alemánico é unha lingua, moi dialectalizada, que fai parte do grupo do alemán superior, e que se fala no sur de Alemaña, no nordés de Francia, en Suíza, Liechtenstein, no oeste de Austria e no norte de Italia. A poboación que o usa a diaro calcúlase nuns 10 millóns. Pertence, xunto ao bávaro e ao suabo, á rama denominada alemán superior da familia das linguas xermánicas. Comprende as seguintes variedades, que poden chegar a ser intelixibles entre elas:
- Alemánico de Suabia (Alemaña), chamado tamén suabo (Schwäbisch)
- Baixo alemánico, que comprende:
- Alto alemánico, en Suíza, Vorarlberg (Austria), ao sur da Selva Negra (Alemaña e Liechtenstein), por exemplo:
| Bärndütsch | Pronuncia AFI | bærndytʃ |
-
- Alto alemánico de Zúric, o zuriqués, xa que o falan os zuriqueses da cidade e contornas. Eles mesmos lle chaman Züritüütsch.
| Züritüütsch | Pronuncia AFI | tsyɾityːtʃ |
- Alemánico superior, no cantón de Valais (en alemán Wallis) e a súa diáspora alpina, ao sur do cantón de Berna e na parte alemá de Friburgo (Suíza) por exemplo:
- Alemánico superior de Berna.
- Walliser, referido a Wallis e
- Walser, referido á diáspora.
Cando se fala dos dialectos alemánicos de Suíza adóitase empregar a denominación de suízo alemán ou Schweizerdeutsch.
Os alamáns eran as tribos xermanas das cales evolucionou o seu dialecto ao actual alemánico, do nome destas tribos collemos o nome para nomear a Alemaña e aos alemáns en galego e castelán entre outros. Os suevos que invadiron a Gallaecia hispanorromana son descendentes destas xentes. Véxase sobre todo que na parte norte fálase o suabo (no mapa a zona vermella arriba de todo).
Índice |