Escudo de Liechtenstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo grande de Liechtenstein.
Escudo pequeno de Liechtenstein.

Existen dúas versións do escudo do Principado de Liechtenstein, o escudo grande e o pequeno.

O escudo grande é o brasón do príncipe que tamén é usado por outros membros da súa familia. Nas armas grandes aparecen, xunto ós emblemas propios do país, símbolos de diversos territorios europeos que mantiveron lazos dinásticos no pasado coa familia reinante:

O primeiro cuartel recolle o brasón de Silesia; o segundo corresponde a Kuenringe; o terceiro cuartel, simboliza o Ducado de Opava e o cuarto a Frisia oriental. Na punta do escudo figura o brasón do Ducado de Krnov. O escudo central de ouro (amarelo) e goles é o escudo propio da familia reinante.

Brasonado do escudo grande[editar | editar a fonte]

"Escudo acuartelado: No primeiro cuartel, de ouro, unha aguia de cor sable coroada e armada de ouro cargada cun crecente de prata rematado en cruces do mesmo metal; no segundo cuartel, un campo de oito faixas de ouro e sable cargadas cun crancelín de sinople; o terceiro cuartel, un campo partido, de goles e prata e no cuarto cuartel de ouro, unha harpía (ou aguia virxe) de sable, con cabeza de prata coroada e armada de ouro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]