Sargón de Acad
Sargón de Acad ou Sargón o Grande foi un rei acadio do século XXIV ou XXIII a. c., artífice do Imperio Acadio.
A súa orixe énos descoñecida, segundo as lendas mesopotámicas era fillo dunha sacerdotisa e dun pai descoñecido, ao nacer os sacerdotes depositárono nunha canastra que deixaron abandonada á súa sorte no Éufrates, descuberto por un campesiño adoptouno como fillo e xa maior entrou na corte do rei de Kish[1].
Enfrontado ao rei desta cidade, estableceu a súa propia capital, Acad[2] e derrotou ao rei de Uruk, Lugalzaggesi. Conquistou Mesopotamia, Elam, Siria.
Creou un imperio centralizado, establecendo a súa capital en Acad e lexitimando o seu poder soberano mediante a súa divinización. Non desaparece a cultura sumeria, pero se impoñen novos deuses como Ishtar, Anunitu e a divindade solar Shamash.
Recoñocido como un dos primeiros grandes conquistadores da antigüidade, a supremacía militar acadia baseouse nunha nova táctica destructora das falanxes sumerias coa utilización do arco e o venablo. Proclamouse Señor das catro partes do Mundo.
Notas[editar]