Imperio Persa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Imperio Aqueménida")
Imperio Aqueménida
Imperio Persa

 

 

-550-330

Escudo

Capital Persépole, Susa, Pasargada e Ecbatana
Lingua Nas inscricións reais preferíase o persa antigo, o acadio aqueménida e o elamita. Para a administración, o arameo e o elamita.
Relixión Zoroastrismo
Goberno Monarquía
Período histórico Antigüidade clásica
 • Establecido -550

O Imperio Persa é o nome usado para referirse a un número de dinastías históricas que controlaron a Persia, rexión do actual Irán.

Historia[editar | editar a fonte]

Imperio persa no ano 490 a. C.

O Imperio Persa iniciouse co o Reinado de Ciro I (-550 a -529) que uniu as tribos persas contra os Medos. Ciro I, despois de conquistar a Media, conquistou toda a rexión do Oriente Medio nun imperio que ía dos límites do Irán actual até a Turquía. O seu fillo, Cambises II (-529 a -522), conquistou o Exipto e a Libia, porén o final do seu reinado marcouse por diversas revoltas. Cambises morreu en -522. O seu sucesor foi Darío I (-521 a -486), que dilatou as fronteiras do Imperio máis aínda coa anexión do Río Indo e doutras rexións na Asia. Foi neste reinado cando ocorreu a Primeira Guerra Médica, nas que se enfrontaron gregos e persas. Estas guerras remataron coa expansión persa en -490 trala derrota en Maratón.

A Primeira Guerra Médica tivo lugar durante o goberno de Darío I, aínda que foi feita unha reforma na administración do Imperio coa creación das Satrapías (gobernadas polos Sátrapas) e tamén se construíu a Estrada Real, que ía de Susa (no Irán) até Sardes (na Turquía). Despois disto, o Imperio foi gobernado por Xerxes I (-485 a -465). No seu reinado tivo lugar a Segunda Guerra Médica contra os gregos, na que os persas foran derrotados novamente. Tras Xerxes houbo outros emperadores que soportaron diversas revoltas que apuntaban á decadencia do Imperio Persa e que foi finalmente derrotado e anexado por Alexandre o Grande en -331.

Economía[editar | editar a fonte]

A Economía Persa baseouse en comercio predominantemente terrestre. Cun extenso territorio, a construción de estradas acabou por beneficiar o comercio, así como a padronización de pesos e medidas realizada co intento de facilitar a cobranza de impostos. A pesar de contaren coa flota fenicia e con bos portos, o comercio marítimo foi pouco explorado. A cuñaxe de moedas comezou efectivamente no reinado de Darío I, porén os soberanos preferían acumular metais a cuñar moedas.

Relixión[editar | editar a fonte]

A relixión persa, ao principio, era politeísta. Por volta de -1200, coas predicacións de Zoroastro, a relixión tornouse dualista. O ben era representado por Ahura Mazda, e o mal era representado por Ahri Man. Non existían templos nin cultos, a representación do deus estaba simbolizada co fogo eterno, que se acendía en torres e colocábase no cume de torres dos mortos. Non existía rituais de enterramento, construíanse torres e nelas ficaban os corpos até pereceren.