Kish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mesopotamia
ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio Acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AsurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escritura cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk

Kish foi unha cidade do Norte da Baixa Mesopotamia (o que máis tarde seria o país de Akkad). Foi fundada probablemente cara a principios do terceiro milenio, aínda que hai constancia de poboamentos máis antigos pola súa zona: Nivel El'Amiya (período Ubaid 4000-3500 adC), Yemdet-Nasr (período Uruk 3500-3000 adC). Kish (Tell al-Uhaymir) comprende os asentamentos de Ingharra, Uhaimir, así como outros de menor importancia. Atopábase situada a uns 15 km ao leste de Babilonia.

Historia[editar | editar a fonte]

Kish

O asentamento paulatino dos semitas (Acadios) na baixa mesopotamia e no baixo Diyala, seguramente tivo como centro comercial e político á cidade de Kish, cuxa poboación no período Protodinastico xa era principalmente acadia como o demostra a lista de reis, que teñen nomes claramente semitas.

A hexemonía de Kish en Akkad e máis tarde en gran parte da baixa Mesopotamia deu como resultado que os reis sumerio-acadios que pretendían a supremacía sobre os seus rivais, titulásense habitualmente co título ás veces honorífico de "Rei de Kish" ou "Rei das catro partes" (Sumer, Elam, Subartu e Amurru con Kish no centro).