Código de Hamurabi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Código de Hammurabi")

O Código de Hammurabi, criado por volta de 1700 a.C., é un dos mais antigos conxuntos de leis xamais encontrados, e un dos exemplos mellor preservados deste tipo de documento da antiga Mesopotamia.

Aspecto[editar | editar a fonte]

As leis (numeradas de 1 a 282, mais os números 13, 66–99, 110, e 111 non existen) están gravadas nun monólito de diorita negra de 2,5 m. de altura.

Hammurabi (1728 a.C.–1686 a.C.) achaba que el debía escribir o código para agradarlle aos deuses. Diferentemente de moitos outros reis anteriores e contemporáneos seus, el non se consideraba relacionado con ningún deus, a pesar de el se autodenominar "o favorito dos deuses". Na parte superior do monólito, Hammurabi é mostrado en fronte ao trono do rei Sol Shamash. Logo abaixo están escritos, en caracteres cuneiformes acadianos, os artigos regularizando a vida cotiá.

Historia[editar | editar a fonte]

O código foi colocado no templo de Sippar, e diversos outros exemplares foron igualmente espallados por todo o reino. O obxectivo deste código era de homoxeneizar o reino xuridicamente e garantir unha cultura común.

Durante as diferentes invasións da Babilonia, o código foi cambiado para a cidade de Susa (no Irán actual) por volta de 1200 a.C.. Foi nesa cidade que foi descuberto, en decembro de 1901, pola expedición dirixida por Jacques de Morgan. O abade Jean-Vincent Scheil traduciu a totalidade do código após o retorno a París, onde hoxe pode ser admirado no Museo do Louvre, na sala 3 do Departamento de Antigüidades Orientais.

Contido[editar | editar a fonte]

Unha inscrición do Código de Hammurabi

O código de Hamurabi expón leis e punicións, no caso de non seren respectadas as leis. A énfase é dada ao roubo, agricultura, crianza de gando, danos á propiedade, dereitos da muller, dereitos do neno, dereito do escravo, así como asasinato, morte e inxuria. A punición ou pena é diferente para diferentes clases de ofensores e vítimas. As leis non toleran desculpas ou explicacións para erros ou fallas: o código era exposto libremente á vista de todos, de modo que ninguén puidese alegar ignorancia da lei como desculpa. No entanto, poucas persoas sabían ler naquela época (con excepción dos escribas).

Os artigos do Código de Hammurabi fixan, así, as diferentes regras da vida cotiá, entre outras:

  • a xerarquía da sociedade divídese en tres grupos: os homes libres, os subalternos e os escravos;
  • os prezos: os honorarios dos médicos varían de acordo coa clase do enfermo;
  • os salarios varían segundo a natureza dos traballos realizados;
  • a responsabilidade profesional: un arquitecto que constrúa unha casa que se desmorone, causando a morte dos seus ocupantes, é condenado á pena de morte;
  • o funcionamento xudicial: a xustiza é estabelecida polos tribunais, as decisións deben ser escritas, e é posíbel apelar ao rei;
  • as penas: a escala das penas é descrita segundo os delitos e crimes cometidos. A lei do talión é a base desta escala.

Importancia[editar | editar a fonte]

O código é moitas veces indicado como o primeiro exemplo do concepto legal de que algunhas leis son tan básicas que mesmo un rei non pode modificalas. Ao escribir as leis na pedra, elas tornaranse inmutábeis. Este concepto existe en varios sistemas xurídicos modernos e deu orixe á expresión en lingua inglesa written in stone (escrito na pedra).

Outras coleccións de leis inclúen os códigos de Ur Nammu, rei de Ur (cerca de 2050 a.C., o código de Eshnunna (cerca de 1930 a.C.) e o código de Lipit-Ishtar de Isin (cerca 1870 a.C.).

Diferenzas da Torah[editar | editar a fonte]

Algunhas partes da Torah son similares a certas seccións do código de Hammurabi, e debido a iso algúns especialistas suxiren que os hebreos teñan derivado a súa lei deste. No entanto, o libro Documents from Old Testament Times (Documentos da época do Vello Testamento) di: "Non existe fundamento ningún para se asumir calquera préstamo polos hebreos dos babilónicos. Mesmo se os dous conxuntos de leis difiren pouco na prosa, eles difiren moito no espírito."

Algúns exemplos das diferenzas:

Código de Hammurabi Torah
Pena de morte para o roubo dunha propiedade eclesiástica ou estatal, ou por aceptar bens roubados. (Sección 6) Roubo punido por compensación á vítima. (Ex. 22:1-9)
Morte por axudar un escravo a fuxir ou abrigar un escravo foraxido. (Sección 15, 16) "Vostede non é obrigado a devolver un escravo ao seu dono se el foxe do dono del para vostede." (Deut. 23:15)
Se unha casa mal construída causa a morte dun fillo do dono da casa, entón o fillo do construtor será condenado á morte (Sección 230) "Os pais non deben ser condenados á morte por conta dos fillos, e os fillos non deben ser condenados á morte por conta dos pais." (Deut. 24:16)
Mero exilio por incesto: "Se un señor (home de certa importancia) tivo relacións coa súa filla, el deberá abandonar a cidade." (Sección 154) Pena de morte por incesto. (Lev. 18:6, 29)
Distinción de clases en xuízos: Severas penas para persoas que prexudican outras de clase superior. Penas medias por prexuízo a membros de clase inferior. (Sección 196–205) Vostede non debe tratar o inferior con parcialidade, e non debe preferir o superior. (Lev. 19:15)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Oppert & Menant (1877). Documents juridiques de l'Assyrie et de la Chaldee. Paris.
  • Kohler, J. & Peiser, F.E. (1890). Aus dem Babylonischen Rechtsleben. Leipzig.
  • Falkenstein, A. (1956–57). Die neusumerischen Gerichtsurkunden I–III. München.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Código de Hamurabi