Washukanni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Washukanni ou Waššukanni (tamén Washshukanni, Wassuganni, Vasukhani e outros variantes) foi a capital do reino hurrita de Mitanni.

Historia[editar | editar a fonte]

Identificouse coa moderna Tell al-Fakhariya, no río Khabur, en Siria. Estase a escavar na zona, no Tell al-Fakhariya, Ras al-Ayn e Tell Halaf. Atopouse unha cidade asiria de nome Sikan, que sería a versión asiria do nome Washukanni (orixinal Wa-Sikan-nin). Porén, aínda non se atoparon restos hurritas.

A cidade de Washukanni foi capital de Mitanni desde polo menos o -1500 ata aproximadamente o -1270, e o seu nome en sánscrito querería dicir "mina rica". Sobre o -1400 foi probabelmente ocupada temporalmente polos hititas e unida ao reino de Kizzuwatna (vasalo hitita naquel momento), pero este dominio foi curto. Sobre o -1350 foi saqueada polo hitita Suppiluliumas I, quen instalou nela un rei vasalo, Mattiwaza. Foi ocupada por Asiria sobre o -1290 e despois outra vez o -1270. Desde entón o país foi a provincia asiria de Hanigalbat e construíuse unha nova capital rexional.