Eufemismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un eufemismo é un recurso lingüístico consistente en evitar nun acto de fala a palabra con que se designa algo noxento, molesto ou inoportuno, substituíndoa por unha outra expresión máis agradable que non achega á mente as connotacións do vocábulo orixinario.

O eufemismo conséguese mediante a pseudosinonimia, a equivalencia (sinonimia entre vocábulo e locución) e as relacións de inclusión (hiponimia, hiperonimia, cohiponimia).

Causas do eufemismo[editar | editar a fonte]

As causas polas que se produce o eufemismo son:

  • Tabú social, relixioso ou moral. Así a sociedade estabelece temas que resultan de mal gusto, realidades que non hai que nomear ou ás que hai que referirse por medio de eufemismos. Son principalmente os referidos á morte ("pasar a mellor vida" no canto de "morrer"), necesidades fisiolóxicas do ser humano e á sexualidade. Constitúen tamén un caso de tabú social os empregados nos medios de comunicación, mais neste caso trataríase de ocultar ou manipular a realidade. Serían, por exemplo, "danos colaterias" por "vítimas civís" ou "países en vías de desenvolvemento".O tabú relixioso está causado polas supersticións ou crenzas de cada sociedade que interpretan que nomear certos animais como de mal agoiro. Son denominacións eufemísticas donosiña ou donicela, e "o do rabo" ou "García" para o referirse ao raposo.
  • Desexo de adaptarse a unha circunstancia na cal a palabra propia resultaría demasiado vulgar: cabelo substitúe a pelo.
  • Vanagloria: Os médicos fanse chamar doutores sen ter o grao do doutorado.
  • Respecto cortés cara a alguén a quen se fala: Ós médicos chámaselles doutores sen ter o grao do doutorado.
  • Necesidade de atenuar unha desgraza: chamar eivado ou impedido ó coxo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • MONTERO CARTELLE, E. (1981): El eufemismo en Galicia (su comparación con otras áreas romances). Verba, Anuario Galego de Filoloxía, Anexo 17.