Pictograma
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pictograma de reciclado.
Un pictograma é un signo que representa esquematicamente un símbolo, obxecto real ou figura.
É o nome co que se denomina os signos dos sistemas alfabéticos baseados en debuxos significativos.
- Un pictograma debería ser enteiramente comprensible con só poucas miradas.
- No deseño dun pictograma deberían suprimirse todos os detalles superfluos.
Na actualidade é entendido como un signo claro e esquemático que sintetiza unha mensaxe sobrepasando a barreira da linguaxe; co obxectivo de informar, e así se usa nos sinais de tráfico.
Valen para se orientar no espazo real ou na Internet.
Os pictogramas son moi empregados nos mapas xeográficos.
Índice |