Primeiro Concilio de Nicea
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa relixión que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
O Primeiro Concilio de Nicea foi un Concilio ecuménico, aceptado por case toda a Cristiandade (agás grupos coma os mormóns), que se celebrou no ano 325. Nel condenouse o Arianismo, que afirmaba que Xesucristo era inferior a Deus Padre, e estableceuse o coñecido como Credo de Nicea.
O convocante deste concilio foi o emperador Constantino, algo que tivo unha grande carga simbólica, dado que ata había poucos anos (antes do Edicto de Milán de 313) os cristiáns eran sometidos a persecucións dentro do Imperio Romano.
Este concilio foi un dos dous que tiveron lugar na cidade de Asia Menor de Nicea, xunto co Segundo Concilio de Nicea (787).