International Rugby Board

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A International Rugby Board, universalmente coñecida polo seu acrónimo IRB é a institución que goberna as federacións de rugby a nivel internacional. Fundouse o 1 de xaneiro de 1886 co nome de International Rugby Football Board por Escocia, Gales e Irlanda, sendo despois membro Inglaterra en 1890. A súa sede está en Dublín. A IRB agrupa 96 federacións de rugby de distintos países ademais de 19 membros asociados e seis asociacións rexionais, e está encargada de regulamentar as regras do xogo e de organizar a Copa do Mundo de Rugby.

Asociacións Rexionais[editar | editar a fonte]

A International Rugby Board dividiu ao mundo en rexións (África, América do Norte e Caribe, América do Sur, Asia, Europa e Oceanía). A continuación unha lista das asociacións que rexen as rexións e as federacións que a forman.

África[editar | editar a fonte]

Confédération Africaine de Rugby (Confederación Africana de Rugby) CAR

América do Norte[editar | editar a fonte]

North American and West Indies Rugby Association (Asociación de Norte América e da India Occidental) NAWIRA

América do Sur[editar | editar a fonte]

Confederación Sudamericana de Rugby CONSUR

Asia[editar | editar a fonte]

Asian Rugby Football Union (Unión Asiática de Rugby) ARFU

1Arabia está formada por: Arabia Saudí, Bahréin, Emiratos Árabes Unidos, Kuwait e Omán

Europa[editar | editar a fonte]

Fédération Internationale de Rugby Amateur (Asociación Europea de Rugby) FIRA-AER

Oceanía[editar | editar a fonte]

Federation of Oceania Rugby Union Federación de Oceanía Rugby Unión FORU

Premios da IRB[editar | editar a fonte]

  • IRB Player of the Year (Xogador do ano)
  • IRB Team of the Year (Equipo do ano)
  • IRB Coach of the Year (Adestrador do ano)
  • IRB Under 19 Player of the Year (Xogador do ano Sub-19)
  • IRB Sevens Team of the Year (Equipo do ano de Rugby 7)
  • IRB Sevens Player of the Year (Xogador do ano de Rugby 7)
  • IRB Women’s Personality of the Year (Persoeiro feminino do ano)
  • IRB Referee Award for Distinguished Service (Premio do arbitraxe por un servizo distinguido)
  • Vernon Pugh Award for Distinguished Service (Premio Vernon Pugh por un servizo distinguido)
  • IRB Development Award (Premio ao desenvolvemento)
  • Spirit of Rugby Award (Premio ao espírito de Rugby)
  • IRPA Try of the Year (Ensaio do ano)
  • IRPA Special Merit Award (Méritos especiais)
  • IRB Hall of Fame inductees (Salón da Fama)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]