Copa do Mundo de Rugby
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Copa do Mundo de Rugby é a máis importante competición internacional de rugby. O evento está organizado pola asociación que goberna este deporte a nivel mundial, a International Rugby Board (IRB), e nel participan selección nacionais masculinas. O primeiro mundial foi celebrado en 1987, acollido de xeito conxunto por Australia e Nova Zelandia, celebrándose hoxe en día cada catro anos. É preciso subliñar que este torneo é un dos máis importantes a nivel internacional de todo o deporte[1][2].
[editar] Campións
| Ano | Sé | Campión | Resultado | Finalista |
| 1987 | Australia e Nova Zelandia | Nova Zelandia | 29-9 | Francia |
| 1991 | Inglaterra | Australia | 12-6 | Inglaterra |
| 1995 | Sudáfrica | Sudáfrica | 15-12 | Nova Zelandia |
| 1999 | Gales | Australia | 35-12 | Francia |
| 2003 | Australia | Inglaterra | 20-17 | Australia |
| 2007 | Francia | Sudáfrica | 15-6 | Inglaterra |
| 2011 | Nova Zelandia | Nova Zelandia | 8-7 | Francia |
[editar] Notas
|
|
|
|