Dundee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 56°27′50″N 2°58′12″W / 56.464°N 2.970°W / 56.464; -2.970

Dundee
Dùn Dè (en gaélico escocés)
Dundee (en escocés)
City of Dundee Coat of Arms.png
442 dundee header.png
Situación xeográfica
Dundee en Escocia
Dundee
Dundee
País Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Nación constituínte Flag of Scotland.svg Escocia
Concello Glasgow
Xeografía
Altitude msnm
Superficie 67 km²
Poboación
Poboación 156,561 hab. (2012
Densidade 3.298,0 hab./km²
Información
Código postal DD1-DD5
Alcalde
Páxina web Páxina Oficial

O burgo real de Dundee (en gaélico: Dùn Dèagh, en escocés Dundee) é a cuarta cidade por número de habitantes de Escocia, cun censo de poboación de aproximadamente 190.000 habitantes e é igualmente unha das 32 subdivisións escocesas. A cidade sitúase na costa leste, na parte norte da baía do río Tay, preto da súa desembocadura no mar do Norte.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade edificouse ao redor dun outeiro basático, chamado hoxe en día Dundee Law, de 174 m de altura. Durante a idade de ferro o lugar sobre o que actualmente asentase Dundee estivo ocupado por un asentamento picto. No seu History of the Scottish People (Historia do Pobo de Escocia), de 1527, Hector Boece suxeriu que o nome picto do lugar foi Alec-tum, que significa un lugar fermoso, nome que ata 1607, segundo William Camdem, foi utilizado xunto ao actual para referirse á cidade.

Desde 1975, a cidade é o centro administrativo da rexión de Tayside, e foi en si mesma administrada como un dos distritos da devandita rexión. Desde a abolición do sistema administrativo de dous niveis en Escocia no 1996, a cidade de Dundee, incorporando o burgo de Ferry, pasou a ser unha autoridade autónoma, converténdoa nunha das subdivisións gobernamentais locais máis pequenas de Escocia en termos de superficie.

Dundee celebrou o seu octoxésimo aniversario no 1991, e é coñecida como a Cidade do Discovery en honor ao RRS Discovery, a famosa nave de exploración antártica de Robert Falcon Scott, que foi construída na cidade.

O 5 de marzo de 2004, Dundee foi recoñecida como a Cidade do Comercio Xusto, o que significa o recoñecemento á cidade como promotora deste tipo de comercio.

Curiosidade[editar | editar a fonte]

Dundee é a cidade escocesa máis soleada, con máis de 1.400 horas de sol de promedio ao ano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dundee