Wikipedia:Punto de vista neutral
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As políticas e normas da Wikipedia ditan que os artigos deben ter un Punto de vista neutral. Segundo o fundador da Wikipedia Jimbo Wales, o principio de imparcialidade -o punto de vista neutral- (en inglés: NPOV) é "absoluto e innegociable".
Referencia: WikiEN-l Artigos sobre nós mesmos (Articles about ourselves)
O Punto de Vista Neutral é unha das tres políticas básicas da Wikipedia. As outras dúas son a verificabilidade e que a Wikipedia non é unha fonte primaria. As tres políticas compleméntanse e non deben de ser consideradas separadamente. Os editores (wikipedistas ou anónimos), deben familiarizarse coas tres. Estas políticas non son negociables, nin pode haber outras normas que as substitúan nin sequera polo consenso dos editores.
Índice |
[editar] O punto de vista neutral
O punto de vista neutral é unha ferramenta coa que tratar visións diferentes duns feitos. Esta política require que onde haxa ou houber puntos de vita en conflito, os feitos deben de ser presentados no canto de afirmados. Tódolos puntos de vista son presentados, non só o máis popular/coñecido. Non debe de ser afirmado que a visión máis coñecida dun feito é a correcta. Os lectores deben saca-las súas propias conclusións.
Como suxire o nome, o punto de vista neutral é un punto de vista non ausencia de punto de vista. Só que é un punto de vista que non toma parte en ningunha opinión debatible.
Pódese tomar a imparcialidade como escrita fría, xusta e descrición analítica de tódolos lados relevantes do debate. Cando a parcialidade é detectada e debatida, o artigo debe de ser arranxado.
[editar] Parcialidade
O NPOV require visións imparciais. Os prexuízos xorden da predilección por un particular punto de vista ou ideoloxía, de ideas preconcebidas. Tipos de prexuízos inclúen:
- Prexuízos raciais ou étnicos
- Prexuízos de xénero, como a misoxinia, androxinia e o sexismo.
- Prexuízos de clase
- Prexuízos económicos, é dicir, nos que se tende a favorecer unha compañía ou a facer publicidade dela.
- Prexuízos relixiosos, políticos e ideolóxicos.
[editar] Razoamento tras o NPOV
Wikipedia é unha enciclopedia xeral, o que quere dicir que é un conxunto do coñecemento humano con certo nivel de xeneralidade. Pero os seres humanos están en desacordo en diversas ocasións específicas, sempre que o tema acepte diferentes posturas. As diferentes posturas representan o que a verdade é, e polo tanto contradinse con outras. As posturas consideradas por un grupo como falsas, non son consideradas coñecemento por ese grupo. Cando hai discordia co que é a verdade, hai discordia co que é o coñecemento. Wikipedia é un traballo colaborativo, ¿como facer para que non haxa guerras de edición, nas cales unha persoa di p e outra, en desacordo cambia o texto para dicir non-p?
Unha solución aceptada, para o propósito de traballar na Wikipedia, é que un artigo debe de reflectir tódalas posturas significativas. Así que estamos obrigados a reflectir o coñecemento humano nese senso.
Wikipedia como proxecto internacional e colaborativo atopa entre editores e lectores diversos puntos de vista sobre un tema dado. Para evita-las ditas guerras de edición, hai que representar os diferentes puntos de vista significativos dende un punto de vista xusto e equilibrado e non facer ver un como o único correcto. Iso é o que fai dun artigo ser imparcial ou neutral.
Como proxecto internacional e feito por colaboradores, non se pode esperar que todos estean de acordo en tódolos casos. Ou no que é coñecemento en sentido estrito. Pódese adoptar porén a perspectiva do que é o coñecemento humano: un conxunto de teorías discordantes en tódolos temas. Debemos, de xeito colectivo e individual face-lo esforzo de presentar eses puntos de vista de forma equilibrada e xusta. A única excepción pode facerse daqueles puntos de vista que reflictan opinións dunha pequena minoría, deixando claro que só son defendidos por esa minoría ou chegado o caso, non chegar a reflectir ese punto de vista.
Aínda hai outra razón pola que comprometernos con esta política. A saber, cando os lectores teñen claro que non esperamos deles que non adopten ningún punto de vista, esto os deixa ceibos para saca-las súas propias conclusións, é máis, favorécese a independencia intelectual. Gobernos totalitarios e institucións dogmáticas de todo o mundo poden buscar unha razón pola que oporse á Wikipedia, se temos éxito en axustar unha política de imparcialidade: a presentación de moitas teorías discordantes nunha ampla variedade de temas, suxire que nós, os editores da Wikipedia, confiamos na capacidade dos lectores para que creen as súas propias opinións. Os textos que presentan múltiples visións de xeito neutral, sen esixir ó lector que acepte un ou outro punto de vista, son liberadores. A neutralidade oponse ó dogmatismo, e case tódolos colaboradores da Wikipedia están de acordo en que iso é bo.

