Francisco Lanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Lanza
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1892 Editar o valor em Wikidata
Ove, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xaneiro de 1951 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Francisco Nemesio Lanza Álvarez, coñecido como Paco Lanza, nado nos Garitos (Ove, Ribadeo) o 26 de marzo de 1892 e finado en Buenos Aires o 14 de xaneiro de 1951,[1] foi un xornalista e escritor galego de conviccións republicanas e galeguista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia proviña de Vilaselán. Cursou os seus estudos en Ribadeo. Colaborou con Celestino Pérez Andrade e Camilo Cancio Quindós en La Voz del Pueblo e en 1912 en El Eco Mercantil. Foi un dos impulsores do Ateneo de Ribadeo en 1915. Fundou en 1919 o semanario local La Comarca (que aínda existe), de tendencias liberais e progresistas, no que escribiu, ó parecer en colaboración co seu sogro Celestino Pérez Andrade, numerosos artigos baixo os pseudónimos de El Montañés e Un labrador gallego. Estes artigos eran de tal dureza que Celestino tivo que ausentarse da vila en numerosas ocasións por perigo da súa integridade.[Cómpre referencia] En 1927 comezou a súa relación co Seminario de Estudos Galegos, no que entrou en 1929 co seu traballo 'Ribadeo bajo el señorío de sus condes',[1] formando parte das seccións de xeografía e de historia, colaborou na revista Nós e no Boletín da Real Academia Galega, onde publicou diversos traballos históricos e etnográficos sobre Ribadeo. Tamén colaborou en Faro de Vigo e El Sol (Madrid).

En 1931 emigrou a Buenos Aires, incorporouse á comisión de prensa de Galicia[2] e traballou en diversos periódicos e publicacións ata o momento da súa morte. Entre outras obras, durante a súa estancia na Arxentina, traballou como tradutor (Eça de Queirós, Kant) para a editorial Sopena Argentina, asinando como F. L. Álvarez.

Á súa morte foi soterrado no cemiterio de La Chacarita.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Ribadeo antiguo: noticias y documentos (Madrid, 1933; reeditado por Ediciós do Castro en 1973).
  • Falan os de Ribadeo (publicado en Nós en 1933, nn. 114, 116 e 118) (reeditado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e Ediciós do Castro en 1974).
  • Dos mil nombres gallegos (Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires, 1953).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Rosa Pérez Fernández, filla de Celestino Pérez Andrade e tivo dous fillos.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A Asociación Cultural Francisco Lanza fundouse en Ribadeo ós vinte anos do seu pasamento.[1]

En Ribadeo ten unha rúa adicada.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gutiérrez, Eduardo (13/02/2021). "Aniversario da morte de Francisco Lanza". La Comarca del Eo (5265). p. 4. 
  2. Galicia, 24-5-1931, p. 1.
  3. "Paco Lanza, Ribadeo". OpenStreetMap. Consultado o 2023-01-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]