Castelo da Frouxeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo da Frouxeira
Concello: Foz
Provincia: Lugo
Comunidade Autónoma: Galicia
Estilo arquitectónico
Estilo orixinario:  ?

(século IX)

Estilo actual:  ?

(En ruínas)

Estado actual:  ?
Véxase tamén: Castelos de Galicia

O castelo da Frouxeira está situado na parroquia de Santa Cilla do Valadouro (concello de Foz), no pico da Frouxeira, a case cincocentos metros sobre o nivel do mar (en Google Maps). Actualmente só se conservan algunhas ruínas do mesmo. Non se debe confundir esta fortaleza da Frouxeira co alfocés castelo de Castrodouro. Ambos os dous lugares foron declarados Bens de Interese Cultural.

Índice

[editar] Historia

A fortaleza da Frouxeira pertenceu á mitra mindoniense e probablemente foi un dos bens que Pardo de Cela recibiu como dote de voda ao casar con Isabel de Castro, sobriña do bispo D. Enrique de Castro, e filla do conde de Lemos. Na Frouxeira, desde principios do 1481 e ata case a súa morte, en decembro do 1483, Pero Pardo defendeuse bravamente contra as tropas dos Reis Católicos, capitaneadas por Luis de Mudarra e comandadas por Fernando de Acuña, quen dixo ao ano e medio de estar en Galiza que harto tenía que hacer porque tenía cercado a Pedro Pardo en Peña Frouseira. Sábese ademais, por testemuño de Luis de Mudarra, que morreu moita xente no cerco. A verdade é que A Frouxeira, pola súa situación xeográfica, é practicamente inexpugnable e de aí que as tropas castelás non fosen capaces de conquistala e derrotar a Pardo de Cela, polo que os dirixentes urdiron a trama da traizón e, unha vez traizoada, non deixasen pedra sobre pedra; soamente quedan aqueles restos que nin o tempo nunca será capaz de borrar. Por un romance sábese o nome do traidor, Roi Cofano do Valedouro:

Destes fora Capitán
o Cofano do Valedouro
Que ainda que fora un mouro
Non me deran mais afán.

Estes dous feitos, a defensa e a traizón, aniñaron e mancaron no corazón do pobo e deron pé a que poetas, bardos e rapsodas os fosen cantando e recitando por feiras e mercados. Sábese tamén que nada máis ser degolado o Mariscal, escribiuse un "cantar", ou chamado tamén "pranto" da Frouxeira, no que xa se mitifica a punta rochosa debido a esa loita rexa que fixeron nela O Mariscal e os seus criados:


A min chaman toda Mira
Señora do gran tesouro,
Por estrela esclarecida,
xago neste Valedouro.

Onde a Frouxeira pasa a ser "admirada, estrela clara e señora do gran tesouro" por todos. E acto seguido, o cantar recolle a traizón:

De min a triste Frouseyra
Que por treyçon foy vendida
Derribada na ribeyra
Ca jamais se veo vencida.

Isto é, xa entón se deron conta os poetas que a pesar de ser destruída e derribada "jamais se veo vencida"; a Frouxeira dende entón pasou a ser un símbolo.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas