Foz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Focense")

Coordenadas: 43°33′N 7°18′W / 43.550°N 7.300°W / 43.550; -7.300

Foz
Bandeira de Foz---Escudo de Foz
Foz, Galicia (Spain).jpg

Vista de Foz.
Situacion Foz.PNG
Situación
Xentilicio[1] focego - focense
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca da Mariña Central
Poboación 9.899 hab. (2014)
Área 100,3 km²
Densidade 98,69 hab./km²
Entidades de poboación 9 parroquias
Política (2011)
Alcalde Javier Jorge Castiñeira
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Outros: UNIFOZ 3
Eleccións municipais en Foz
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 67,08%
Na rede
http://www.concellodefoz.es

Foz, (do latín vulgar focem, que en latín literario era faucem, "gorxa, paso estreito, fauces"; un lugar por onde un río desemboca no mar, tamén é un paso estreito entre montañas), é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central, sendo a súa cidade máis poboada. Segundo o IGE no 2014 tiña 9.899 habitantes (9.754 no 2006, 9.664 no 2005, 9.619 no 2004, 9.591 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «focego» ou «focense».

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita cos concellos de Burela, Barreiros Lourenzá, Mondoñedo, Valadouro, Alfoz e Cervo. Está situado na foz do río Masma, de onde lle vén o topónimo.

Na súa costa hai diversos areais, como a praia da Rapadoira, Llas, Peizás, Pampillosa, Arealonga, As Pólas, Os Xuncos e Areoura, todas elas Bandeira Azul da UE. Outras praias do concello son Fondás e a dos Alemáns.

Historia[editar | editar a fonte]

Existen restos da cultura castrexa nos castros de Fazouro e Pena do Altar. A zona estaba poboada polos ártabros.

Durante o século IX a zona viviu un pulo por mor do establecemento da sé episcopal en San Martiño de Mondoñedo.

Nos inicios da Idade Moderna Foz contaba cun importante peirao e cun dos tres estaleiros máis importantes de Galicia, dedicado especialmente á construción de embarcacións para a captura de baleas.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Vista dos absidiolos semicirculares e contrafortes de San Martiño.

A Basílica de San Martiño de Mondoñedo é un templo de orixe prerrománica, sé durante moitos anos do bispado de Mondoñedo, e que se atopa en bo estado de conservación.

O castro de Fazouro é un poboado castrexo do século II a. C., situado á beira do mar, xunto a Arealonga.

O pazo do Conde de Fontao, en Santa Cilla.

Festas de interese[editar | editar a fonte]

Amais da feira celebrada os martes, destacan as festas da Virxe do Carme (16 de xullo, patroa dos mariñeiros) e de San Lourenzo (10 de agosto). O sábado anterior ao luns de Pentecostés celébrase a romaría do Santo.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total 2014 9.899 habitantes
Menores de 15 anos 1.219 (12.31 %)
Entre 15 e 64 anos 6.361 (64.26 %)
Maiores de 65 anos 2.319 (23.43 %)
Fonte: INE Archivo
Evolución da poboación de Foz   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014
6.514 7.824 8.216 8.795 9.619 9.970 9.968 9.978 9.966 {{{10}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía[editar | editar a fonte]

Casa do concello.

Foz é unha vila de tradición mariñeira. A fertilidade da comarca permite a existencia de diversas explotacións gandeiras e forestais. Na actualidade unha das principais actividades económicas é o turismo, debido á calidade das diversas praias que hai ao longo da costa.

A continuación se mostra unha táboa onde se reflicte o paro rexistrado segundo sexo, idade e sector da actividade económica.

Paro rexistrado
Sector #
Agricultura 35
Industria 62
Construción 115
Servizos 474
Sen emprego anterior  47
Total 733 (349 homes e 384 mulleres)
Fonte:SEPE. Marzo de 2014 [3]

Foz na cultura popular[editar | editar a fonte]

Pra facer ben a costeira,
mariñeiriños rinlegos,
pra botar contas, no porto,
mariñeiriños focegos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Foz.

Lugares de Foz[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de Foz.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Foz

Cangas (San Pedro) | Cordido (San Xiao) | Fazouro (Santiago) | Foz (Santiago) | Nois (San Xiao) | San Martiño de Mondoñedo (San Martiño) | Santa Cilla do Valadouro (Santa Cilla) | Santo Acisclo do Valadouro (Santo Acisclo) | Vilaronte (San Xoán)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Foz Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca da Mariña Central Mariña Central
Alfoz
Alfoz
Burela
Burela
Foz
Foz
Lourenzá
Lourenzá
Mondoñedo
Mondoñedo
Valadouro
O Valadouro