Parto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o pobo de igual nome vérxase Partos.
Nai e neno acabado de nacer.

O parto humano, tamén chamado nacemento, é a culminación do embarazo humano, o período de saída do bebé do útero materno.

É considerado por moitos como o inicio da vida da persoa, e a idade dun individuo defínese por este suceso en moitas culturas.

Considérase que unha muller inicia o parto coa aparición de contraccións uterinas regulares, que aumentan en intensidade e frecuencia, acompañadas de cambios fisiolóxicos no colo uterino.[1]

O proceso do parto humano natural categorízase en tres fases: o borramento e dilatación do colo uterino, o descenso e nacemento do neno e o alumeamento ou expulsión da placenta.

Nalgúns embarazos cualificados como de risco elevado para a nai ou o feto, o nacemento ocorre por unha cesárea, que é a extracción do neno a través dunha incisión cirúrxica no abdome, en vez do parto vaxinal.

Na maioría dos casos o parto é un proceso natural que a muller desenvolve con ou sen apoio de outras mulleres experimentadas, entre as que se encontran as chamadas, comadroas ou parteiras, ou por profesionais da área da saúde como as matronas. A participación de médicos especialistas en obstetricia adoita facerse cando aparece algunha complicación do embarazo ou do parto (xa sexa cesárea ou o uso de fórceps).

Tipos de parto[editar | editar a fonte]

Acabado de nacer vivo feminino nacido a termo xusto antes de cortar o cordón umbilical durante un parto simple.
Acabado de necer mostrado á súa nai despois dun parto por cesárea.

Existen diversas modalidades pola que nace o bebé á final do termo do embarazo o, nalgúns casos, antes das 40 semanas ou 9 meses de xestación:

Parto vaxinal espontáneo[editar | editar a fonte]

No parto natural, o bebé nace atravesando a vaxina da nai, seguindo as indicacións do profesional da saúde, coa asistencia de pouca tecnoloxía ou ningunha e sen a axuda de fármacos.[2] Na maioría dos centros asistenciais o parto vaxinal ocorre nunha posición xinecolóxica, coa xestante en posición decúbito dorsal, é dicir, deitada sobre as súas costas e cos pés sostidos á altura dos glúteos co obxecto de favorecer a comodidade do persoal médico. Coñecese co nome de posición de litotomía,[3] que se usou durante moitos anos como rutina no nacemento. Porén, é unha posición controvertida, pois o parto pode ocorrer naturalmente en posición vertical —por exemplo, ás agachadas— na cal a gravidade axuda á saída natural do neno. Na litotomía existe máis probabilidade de descensos lentos, expulsións prolongadas, sufrimento fetal e esgazaduras perineais maternas.

Idealmente, o contorno da nai no momento do parto debería ser de tranquilidade, sen présas, con intimidade e confianza: luz suave, poucas persoas e pertencentes ao seu entorno íntimo, unha posición cómoda elixida por ela, tal vez música ou flores, ou aromas, se a ela lle gustan.

Tamén existe o parto en auga morna, no propio fogar, en hospitais ou en centros privados.

Parto vaxinal con fórceps[editar | editar a fonte]

Ocasionalmente o parto vaxinal ten que ser asistido con instrumentos especiais, como o fórceps ou pinza obstétrica, que prensa a cabeza do neno, coa finalidade de suxeitalo e tirar del fóra da canle do parto. Indícase con pouca frecuencia en certos partos difíciles.

Parto abdominal[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cesárea.

Cerca do 20 % dos partos en países desenvolvidos realízanse cirúrxicamente mediante unha operación abdominal denominada cesárea.[4]

Non todas as cesáreas son por indicación médica en casos de partos de alto risco, unha porcentaxe deles son electivos, cando a nai elixe por preferencia que o seu bebé non naza vaxinal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Centro Nacional de Información sobre a Saúde da Muller (xullo de 2007). Parto (en castelán).
  2. The Nemours Foundation kidsHealth.org (xuño de 2006). Parto Natural (en castelán).
  3. Instituto Químico Biológico. Posiciones - letra P. Diccionario Ilustrado de Términos Médicos (en castelán).
  4. The Journal of the American Medical Association Parto. JAMA, May 4, 2005—Vol 293, Nº 17 (2180) (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parto

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]