Xunca doce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xunca doce
Cyperus esculentus
Cyperus esculentus
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Commelinidae
Orde: Poales
Familia: Cyperaceae
Xénero: Cyperus
Nome binomial
Cyperus esculentus
L., 1753

A xunca doce ou herba da bóla[1] Cyperus esculentus, é unha planta herbácea cosmopolita de follas longas e finas que produce un tubérculo conhecido como chufa, nome co que tamén se coñece a planta. Cultívase tradicionalmente en España, nos arredores de Valencia para a produción de orchata.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Xunca ou xonza (en portugués "junça") provén do latín juncea, que significa "de xunco", isto é, "planta de xunco"[2].

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Os tubérculos son comestíbeis e teñen un sabor de noces lixeiramente suave, parecido cun tubérculo de gusto máis amargo relacionado, Cyperus rotundus. Son bastante duros e, xeralmente, postos a remollo antes de seren inxeridos. Teñen varios usos; en particular, úsanse en España para fabricar o refresco coñecido como "orchata"[3].

As chufas teñen un excelente valor nutricional, cunha cantidade de calorías semellante á das olivas. Son ricas en minerais, principalmente fósforo e potasio. Tamén carecen de colesterol e glute e teñen pouco sodio. O seu aceite contén 18 por cento de ácidos graxos saturados (ácido palmítico e ácido esteárico) e 82% de ácidos graxos insaturados (ácido oleico e ácido linoleico).[4]

O refresco feito a partir das chufas pode usarse na dieta dos intolerantes á lactosa.

Aceite[editar | editar a fonte]

Considerando que os tubérculos conteñen de 20 a 36 por cento de aceite, sexestionouse a súa utilización na produción de biodiesel.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomes vulgares galegos en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  2. FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edición. Río de Xaneiro: Nova Fronteira, 1986. p.993
  3. FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edición. Río de Xaneiro: Nova Fronteira, 1986. p.400
  4. url=http://dx.doi.org/10.1016/0926-6690(96)89446-5 |titulo=Yellow nut-sedge (Cyperus esculentus L.) tuber oil as a fuel |acessodata=5 de agosto de 2008 |lingua2=en |autor=Elsevier Science B.V. |data=setembro de 1996}}

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]