Camelo bactriano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Camelo bactriano
Camelo bactriano
Camelo bactriano
Estado de conservación
Crítico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Camelidae
Xénero: 'Camelus'
Especie: ''C. bactrianus''
Nome binomial
''Camelus bactrianus''
Linnaeus, 1758
Distribución xeográfica

Distribución xeográfica

O camelo bactriano (Camelus bactrianus) é unha especie artiodáctila nativa das estepas de Asia Central. Das dúas especies de camelos que aínda existen, é a menos común.[1] O camelo bactriano caracterízase por ter dúas xibas no lombo no canto dunha soa, en contraste co camelo dromedario. A súa poboación de 2 millóns de exemplares débese principalmente á forma domesticada da especie.[2] Algunhas autoridades, principalmente a International Union for Conservation of Nature (IUCN), empregan o nome binomial Camelus ferus para o camelo bactriano salvaxe e reservan Camelus bactrianus para o domesticado. O seu nome provén da antiga rexión histórica de Bactria.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grubb, P. (2005). "Order Artiodactyla". En Wilson, D. E.; Reeder, D. M. Mammal Species of the World (3ª ed.). Johns Hopkins University Press. p. 645. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. http://www.bucknell.edu/msw3/browse.asp?id=14200112.
  2. "Bactrian Camel." EdgeofExistence.org. EDGE, 2010.
  3. "Camels – Old World Camels". Science Encyclopedia. Net Industries. http://science.jrank.org/pages/1151/Camels-Old-world-camels.html. Consultado o 29 de novembro de 2012.