Chícharo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chícharo
Illustration Pisum sativum0.jpg
Estado de conservación
Non está ameazada

Status iucn3.1 LC gl.svg

Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Fabeae
Xénero: ''Pisum''
Especie: ''P. sativum''
Nome binomial
''Pisum sativum''
L.
Sinonimia
  • Lathyrus oleraceus Lam.
  • Pisum vulgare Jundz.
  • Pisum arvensis
Chícharos na vaíña.
Tirabeques, vaíñas tenras comestibles.
Pisum sativum

O chícharo, ervello, ervella ou perico (Pisum sativum) é a pequena semente comestible da planta que se cultiva para a súa produción e dalgunhas variedades da cal, como a chamada tirabeque (P. sativum subsp. arvensis), pódense consumir as propias vaíñas por seren moi tenras.

A planta posúe un sistema vexetativo pouco desenvolvido aínda que cunha raíz pivotante que tende a profundar bastante. As follas están formadas por pares de folíolos. As inflorescencias nacen arracimadas en brácteas foliáceas que se inseren nas axilas das follas. As sementes (chícharos) atópanse en vainas de entre 5 a 10 cm de longo que conteñen entre 4 e 10 unidades.

Como todas as leguminosas, ademais de ser unha boa fonte de proteínas, minerais e fibras é beneficiosa para a terra, xa que fixa o nitróxeno no chan debido a certas bacterias que proliferan nos nódulos das raíces e producen nitratos.

Historia[editar | editar a fonte]

Atopáronse restos fosilizados de chícharos en sitios arqueolóxicos do Próximo Oriente que datan de fai case 10.000 anos. As especies cultivares apareceron relativamente pouco despois do trigo e a cebada, polo que se supón que xa se cultivaban cara ao 7800 a.C. No 2001 a.C. o seu cultivo estendeuse por Europa e cara ao leste á India, aínda que até o século XVI só se usaba en gran seco ou como forraxe. A partir dese momento, empezou a usarse tamén o gran fresco.

Reprodución[editar | editar a fonte]

No hemisferio boreal, por semente en febreiro ou marzo, aínda que nas zonas de climas benignos pódese facer tamén en novembro.

Cultivo[editar | editar a fonte]

Os chícharos son unha colleita de estación fresca que se pode gozar tanto na primavera como no outono.

Require unha terra solta e lixeira. Aínda que non é moi esixente respecto da riqueza orgánica do chan, é conveniente achegar algún fertilizante complexo. Este cultivo non tolera chans moi acedos e hase de vixiar o pH para tratar de que non sexa inferior a 6,5. Necesita unha posición asollada e regas frecuentes.

Enfermidades e pragas[editar | editar a fonte]

É propenso ao ataque de fungos como o mildio, o oídio e a antracnose, así como a insectos masticadores como o pulgón, a traza do chícharo e o escaravello Sitona linetus.

Tamén é coñecida o Brox como especie devoradora de chícharos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Pisum sativum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 727. 1753.[1]

Citoloxía
Variedades aceptadas
Sinonimia
  • Lathyrus oleraceus Lam.
  • Pisum tuffetii R.Lesson
  • Pisum arvense L.
  • Pisum elatius M.Bieb.
  • Pisum granulatum J.Lloyd
  • Pisum vulgare S.B.Jundz.
  • Pisum sativum subsp. arvense (L.) Asch. & Graebn.
  • Pisum sativum var. brevipedunculatum P.Davis & Meikle
  • Pisum sativum var. elatior Trautv.
  • Pisum sativum subsp. hortense (Neilr.) Asch. & Graebn.
  • Pisum sativum subsp. humile (Holmboe) Greuter & al.
  • Pisum sativum var. pumilio Meikle
  • Pisum sativum subsp. pumilo (Meikle) Ponert
  • Pisum sativum var. elatius (M. Bieb.) Asch. & Graebn.
  • Pisum sativum var. sativum L.[4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Chícharo

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]