SIDA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sida")
Icona de aviso médico
Advertencia: a Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

SIDA é o acrónimo da Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida que afecta aos humanos infectados polo VIH (Virus da Inmunodeficiencia Humana). Dise que unha persoa padece a SIDA cando o seu organismo, debido á inmunodepresión provocada polo VIH, non é capaz de ofrecer unha resposta inmune adecuada contra as infeccións.

Cabe destacar a diferenza entre estar infectado polo VIH e padecer a SIDA. Unha persoa infectada polo VIH é seropositiva, e pasa a ter un cadro de SIDA cando o seu nivel de linfocitos T CD4 (que son o tipo de célula á que ataca o virus) descende por debaixo de 200 células por mililitro de sangue. O VIH transmítese a través dos fluídos corporais coma o sangue, seme, secrecións vaxinais e o leite materno.

Símbolo internacional da loita contra a SIDA

O Día mundial contra a SIDA celébrase o 1 de decembro.

Índice

[editar] Transmisión

As tres vías principais de transmisión son: a paternal, a sexual e a materno-filial. Nalgúns casos déronse casos de transmisión do VIH no medio sanitario e noutras circunstancias nas que pódense poñer en contacto, por medio de fluídos corporais ou sangue unha persoa infectada e outra sa; pero a importancia destes modos de transmisión do virus é escasa desde o punto de vista numérico.

[editar] Tratamento

A erradicación do VIH nos pacientes infectados non parece posible cos tratamentos actuais. Propiamente falando, hoxe, a SIDA é incurable. Non obstante, moitos dos procesos oportunistas que comprometen a vida dos pacientes con SIDA teñen tratamento eficaz. Ademais, a administración de fármacos antirretrovirais permitiu alongar considerablemente a supervivencia dos suxeitos seropositivos, de xeito que a enfermidade se converteu nun proceso crónico. Malia o amplo desenvolvemento que acadou a investigación desta enfermidade nos últimos anos, aínda non se ve preto a posibilidade de dispoñer dunha vacina eficaz.

[editar] A SIDA en cifras

Segundo o informe Onusida, publicado pola ONU en 2008, había uns 33 millóns de enfermos de SIDA no mundo, dos que as dúas terceiras partes se concentraban na África subsahariana (67%). Durante o ano 2007 producíronse uns dous millóns de mortes por SIDA en todo o mundo, das que o 75% ocorreron nesa mesma zona [1].

En Galicia, o primeiro caso diagnosticado foi un home de 24 anos que ingresou no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña o 4 de decembro de 1984 e morreu no verán seguinte [2].

[editar] Notas

  1. Informe Onusida 2008, La Voz de Galicia, 30.07.2008.
  2. José Pedreira en El SIDA en La Coruña. Notas de sentir y de ver. Reseña publicada en La Voz de Galicia, 16.12.2004.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas