Bandeira do Camerún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira do Camerún
Bandeira do Camerún
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción30 de maio de 1975
Cores     Verde     Vermello     Amarelo

A bandeira nacional do Camerún foi adoptada despois da unificación do territorio camerunés o 30 de maio de 1975. Consta de tres franxas verticais do mesmo ancho e cores consecutivas verde, vermello e amarelo, sendo a franxa verde a máis preto do mastro, cunha estrela amarela no centro da franxa vermella. Esta combinación de cores provén das cores do panafricanismo, e o deseño está adaptado da bandeira de Francia.

Simbolismo[editar | editar a fonte]

A franxa central vermella representa a unidade, e a estrela é coñecida como a "estrela da unidade". A franxa amarela simboliza o sol e a sabana do norte do país, mentres que a franxa verde representa ás selvas do sur do Camerún.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira bandeira do Camerún remóntase á adoptada polo territorio francés o 29 de outubro de 1957, esta bandeira consistía en tres bandas verticais coas cores verde, vermella e amarela. Esta bandeira mantívose trala independencia do país o 1 de xaneiro de 1960. Cando o territorio camerunés baixo dominio británico decidiu integrarse no novo país, foron agregadas dúas estrelas amarelas xunto á hasta (na banda verde), que representaban aos dous territorios federais, o francés e o británico, o 1 de outubro de 1961. A bandeira actual foi adoptada finalmente o 30 de maio de 1975, data na que o Camerún se converteu nun estado unitario.

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]