Conversa usuario:Piquito
|
Benvido(a) á Galipedia, Piquito!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. |
||
|
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
|
Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 06:35, 19 de maio de 2010 (UTC)
[editar] Clasificación
Piquito, en galego temos Clasificación. Non é que se borrase o artigo que creaches, senón que se cambiou ao nome correcto, Clasificación de seleccións de hóckey a patíns. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 01:43, 22 de novembro de 2010 (UTC)
- Piquito: algúns erros comúns que cómpre que teñas en conta, de formato e de lingua.[1] Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:07, 23 de novembro de 2010 (UTC)
- Ollo ao formato, Piquito, que se non temos que ir outros detrás arranxando o que queda solto.[2] --Atobar (conversa comigo) 00:35, 23 de novembro de 2010 (UTC)
[editar] Formato
Piquito, aí van unhas correccións de formato [3]. Tenas en conta para futuros artigos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:04, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)
[editar] Mover páxinas
Ola, Piquito. Desfixen un borrado teu (Oddset Ligaen).
- Se te equivocaches co nome dun artigo ao crealo, ou o nome de quen sexa non é correcto, debes 'Mover' o artigo, non borralo e substituílo por outro.
- Se, pola contra, o que hai son dous artigos que se corresponden co mesmo, o que hai que facer é fusionalosm algo que só pode facer un administrador, pero podes avisalos de que hai que fusionar dous artigos.
Isto é unha explicacionciña prá próxima vez. Non te preocupes, que ninguén nace aprendido. Un saúdo. --Xabier Cid Talk, please 03:31, 17 de xaneiro de 2011 (UTC)
Ola, Piquito. Entre os botóns de arriba (páxina de usuario, conversa, editar, historial, mover e vixiar) está o de mover. Se premes nel pasas a unha páxina onde tes que indicar o novo título que lle queres dar. Cando lle dás ó botón de aceptar o que fai o software é trasladar todo o contido do artigo, incluíndo o seu historial, a un novo co título que ti lle indicaches. Ademais converte o título antigo nunha páxina de redirección. Neste caso o artigo Rublo pasaría a ser Rublo ruso, e en Rublo terías unha redirección que che mandaría automaticamente para Rublo ruso. É ben doado, fai a proba sen medo, que aquí todo o que saia mal se pode desfacer. Cando o teñas movido eu recoméndoche que convertas a nova páxina de redirección nunha páxina de homónimos, que debería conter algo así como "Co nome de rublo podemos atopar diferentes moedas: o Rublo ruso, o rublo catalán, o rublo de coristanco etc (as que haxa, que eu non as coñezo). Experimenta, que sempre haberá alguén comprobando que as cousas quedan ben feitas. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:54, 14 de marzo de 2011 (UTC)
[editar] Festa do Boi
Deixei un comentario en Conversa:Festa do Boi, creo que o que inclúes no apartado historia hai que contextualizalo (segundo a tradición local por exemplo se é o caso máis referencias)--Cheluco 13:12, 19 de febreiro de 2011 (UTC)
[editar] Mover artigo
Moi sinxelo. Vai ao artigo. Hai varias lapelas: ler, editar, ver o historial, unha estreliña e a seguir unha triángulo pequeno que ao pasar o rato por riba desprega un minimenú, do que unha das opcións é mover. (igual nin menú hai e resulta aínda máis fácil ao haber só a opción de mover, porque eu teño as opcións de administrador na frechiña). Non ten perda. Un saúdo e adiante con eses cambios en rublo. --Atobar (conversa comigo) 11:50, 14 de marzo de 2011 (UTC)
[editar] Comentarios e páxinas de conversa
Ola, Piquito. Cando editas un artigo, xusto antes de premer no botón gardar a páxina, tes un recadro alongado que pon resumo; aí é onde cómpre escribir en que consiste a túa edición. Non ten dificultade, proba (iso si, tes un número de caracteres limitados). Non obstante, cando a mudanza é polémico ou cando menos implica un cambio susbtancial, nmunca está de máis expoñelo na páxina de conversa e que outros opinen ao respecto. Por exemplo, nisto que me comentas de borrares o cadro da cronoloxía, se cadra é mellor que antes o consultes na páxina de conversa e expoñas os motivos. Máis cousas, para o artigo de música clásica sería ben importar os contidos de en.wiki, que ten un artigo moi xeitoso. Un saúdo e espero terche aclarado as dúbidas. --Atobar (conversa comigo) 11:22, 8 de abril de 2011 (UTC)
[editar] Ligazóns interlingüísticas tamén nas categorías
Ola Piquito, que tal?
Cando crees unha categoría nova non esquezas poñerlle as ligazóns interlingüísticas.
Saudiños--. HombreDHojalata.conversa 21:55, 17 de abril de 2011 (UTC)
- Permíteme insistir. E tamén comentarche que cando se crear unha categoría moitas veces hai que meterlle máis dunha nai. Así, Orguestras de Francia -> Orquestras, pero tamén Orquestras de Francia-> Música de Francia. De xeito que sexa posible chegar a ela dende a Categoría:Francia, por exemplo.
- Saúdo e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 21:07, 19 de setembro de 2011 (UTC)
- [4] --. HombreDHojalata.conversa 10:04, 8 de novembro de 2011 (UTC)
[editar] Borrar cousas
Piquito, es un dos editores "de futuro" e anímote a que sigas traballando así.
Borrar páxinas é un privilexio reservado aos administradores, e eu non son tal. Cando o motivo para borrar está clarísimo pódese marcar con {{lixo}} e despois farao un admin. No caso de que falamos eu non o tiña tan claro, por eso non o marquei, abrín un debate na conversa para que opinárades os demais. Tamen existe a opción da votación, maís información en: Wikipedia:Votacións para borrar--. HombreDHojalata.conversa 11:46, 16 de xuño de 2011 (UTC)
[editar] Connacht Rugby
Pois sí, eu non puxen as bandeiras pensando na federación que representan, senón no país do cal son, pero tes razón en propoñer o cambio. JonnyJonny 23:38, 17 de xuño de 2011 (UTC)
[editar] Alzamento de Pascua
Ola, Piquito. Graciñas pola confianza mais eu pouco podo opinar sobre este tema en concreto do Alzamento de Pascua, porque non coñezo ben o asunto e non entendo senón sobre do relativo ao formato, que polo que vexo parece correcto. Si é certo que necesita unha revisión de lingua seria, pero eu non che me animo a lla dar, meu. Sonche máis de picar aquí e aló que de me dar a un artigo concreto moito tempo (a non ser que me interese moito). Quen si adoita ser corrector de principio a fin é o usuario Servando2, e tamén Xoán Carlos Fraga. Podes preguntarlle a calquera deles se non lles importa o facer unha revisión xeral do asunto (e mellorar a redacción na medida do posíbel; os artigos deben ser comprensíbeis tanto para os que máis saben como para os que nada sabemos). Cantos máis editores a revisen, mellor ha quedar. Máis nada. Un saúdo e a seguir. --Atobar (conversa comigo) 15:48, 21 de xuño de 2011 (UTC)
- Non hai de que, Piquito. --Atobar (conversa comigo) 17:28, 21 de xuño de 2011 (UTC)
[editar] Independentismo vs. separatismo
Segundo o Dicionario Xerais de Sinónimos e Antónimos (2007) de Eds. Xerais si son sinónimos. Eu penso particularmente que o termo "separatismo" conleva un matiz despectivo producido por un sesgo ideolóxico, así que son partidario de empregar independentismo ou mesmo un termo ben enxebre que tamén aparece coma sinónimo no dicionario de Xerais, arredismo. En calquera caso, asumindo o que pon no citado dicionario, deben ser considerados coma sinónimos. Unha aperta, Piquito, e a ver de damos feito de Alzamento de Pascua un artigo merecente da máxima distinción que hai na Galipedia. --Paradanta (Cóntame) 20:55, 30 de xuño de 2011 (UTC)
- Perdoa que non che respondese até agora, Piquito; estiven de viaxe e aínda cheguei onte. Estou co que che di Paradanta, e coma el tamén eu me remito ao que indican os dicionarios. Non creo que se poidan facer artigos distintos para independentismo e separatismo, malia non seren sinónimos perfectos e teren unhas connotacións ben distintas. A solución que lle vexo é comentar nunha nota a rodapé que o termo separatismo ten un aquel de despectivo e en todo caso é empregado por quen ven o movemento de separación como algo negativo (os indepentistas afírmanse como tales, pero non como separatistas, que é un adxectivo que lles chantan dende fóra quen entenden que hai unha unión e que tal cousa é o natural). Conclusión: redirección e nota a pé. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:59, 5 de xullo de 2011 (UTC)
[editar] Votacións
Piquito, parabéns pola túa proposta e polo traballo no Códice Calixtino. Anímote a que sigas participando nas votacións no futuro. As veces, para levar adiante as iniciativas, temos algún problemiña de participación. Tódalas propostas precisan dun número mínimo de votos e non sempre contamos con eles.
Unha aperta--. HombreDHojalata.conversa 13:10, 11 de xullo de 2011 (UTC)
[editar] Grupo Martín Códax
Ola, Piquito! Escríboche porque xa existía o artigo Martín Códax (grupo de música antiga); anímaste a incluír neste os contidos que creaches en Grupo Martín Códax para facer un artigo único?
Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:50, 13 de xullo de 2011 (UTC)
[editar] Re:Alzamento
Non hai de que! Sempre é un pracer traballar colectivamente nos artigos. Unha aperta! --Paradanta (Cóntame) 08:03, 19 de xullo de 2011 (UTC)
[editar] Pechar votacións
Tes razón, grazas por avisar. E ten en conta que segundo Wikipedia:Votacións "...as votacións rexeitadas nunha primeira volta, non poderán someterse a unha segunda valoración ata transcorridos 3 meses da finalización da votación anterior."
Un saúdo. HombreDHojalata.conversa 11:30, 4 de agosto de 2011 (UTC)
- Vexo que xa che respondeu HombreDHojalata e que xa está arranxado o asunto. Estes días estou pouco dispoñíbel. Perdoa por non te responder até agora, Piquito. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:34, 7 de agosto de 2011 (UTC)
[editar] Axuda:Fusión
Certamente Piquito. O primeiro paso para a fusión é engadir a man os contidos que vallan levándoos dende o artigo que vai desaparecer cara o artigo que vai quedar. Cando se remata se avisa a un administrador (Wikipedia:Taboleiro dos administradores) para que fusione os historiais.
Aproveito para suxerirte, a ti que es amante da música académica, que lle botes un ollo e mires de facerlle algunha mellora ó artigo Montserrat Caballé, que lle teño cariño. É un tema de interese enciclopédico universal (olla os interwikis) e penso que o da galega e un dos mellores de tódalas wikis--. HombreDHojalata.conversa 11:56, 7 de agosto de 2011 (UTC)
[editar] Prisciliano na Catedral de Santiago?
Ola Piquito. Paréceme moi interesante o asunto que dis, na Taberna, sobre a catedral de Santiago e Prisciliano. O que non reparei, foi no que dis alí de que a Páxina de conversa se move pouco. Porque eu, aínda quwe son de ciencias, son compostelán de nación, e o tema sempre me interesou; así que, non sen ousadía, engadín onte un pequeno apartado sobre iso. Como non me dera de conta do da conversa, deixei alí este aviso:
- Como Piquito seguramente estará de vacacións, adianteime eu no referente á polémica de Prisciliano. Non sei se lle gustará a el, a Lameiro e aos demais usuarios.
Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 13:14, 9 de agosto de 2011 (UTC)
[editar] Música
Marcador retirado; bo traballo, Piquito. Eu non che son moi fan dos wikiproxectos, se cadra porque sempre ando un pouco a todo e a nada, sen me centrar en temas concretos por longos períodos de tempo. Iso si, deséxovos moi bo choio a quen vos poñades con ese traballiño que indicas na páxina de conversa. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:49, 29 de agosto de 2011 (UTC)
[editar] RWC 2011
Boas compañeiro. Xa vin que estás mellorando moito o artigo sobre a Copa do Mundo de Rugby 2011 con bo gusto. Estarei encantado de colaborar contigo na mellora deste artigo, ainda que agora mesmo estou a piques de ausentarme ata a noite. Esta pode ser unha boa oportunidade para darlle un novo pulo ó tema do rugby, ós estadios e das cidades de Nova Celandia, e ó tema dos principais xogadores de rugby da actualidade, como Will Genia, Quade Cooper, Sonny Bill Williams, etc. JonnyJonny 16:12, 1 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Bandeira da selección de rugby de Irlanda
Hola Piquito. O tema de cambia-la bandeira paréceme ben. O certo é que creo que a IRFU non emprega ningunha destas 2 bandeiras (a de antes e a de agora), senón outra que non atopo na wikipedia, con tres trevos brancos e un balón de rugby verde no medio. Por certo, perfecto o Infobox que engadiches no artigo. Vou a comezar con Whangarei, Hamilton, Nova Zelandia e Rotorua, a ver o que teño tempo de facer agora, xa que o fin de semana estarei no Angliru e non farei nada. JonnyJonny 16:16, 2 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Pro12
Boas Piquito. Este ano a Liga Celta de rugby cambiou o seu nome, que o ano pasado era Magners League. Seica o seu novo nome é Pro12, cun novo patrocinador, RaboDirect. Propóñoche que o nome Magners League sexa eliminado, e cambiado por Pro12, mantendo a redirección que acabas de facer. Pódese facer unha mención ó nome Magners League dentro do artigo, sinalando que ese era o nome antigo. ¿Qué pensas disto?. JonnyJonny 14:06, 8 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Pro12 e Connacht Rugby
Boas de novo. No tocante ó asunto do torneo Pro12, concordo coa túa proposta de engadir unha sección Denominacións. É moi certo que coa chegada de Treviso e Aironi xa non ten ningún sentido o nome de "Liga Celta".
E no tocante a Connacht Rugby, eu se queres actualizo un pouco o artigo, que polo visto quedou conxelado un pouco en 2009, ainda que a verdade é que o artigo está moito mais completo que outros artigos como Munster Rugby, Leinster Rugby ou Ulster Rugby, que están no básico.
Ainda que agora estou a traballar na mellora do artigo Super Rugby e na creación e mellora dos artigos dos equipos do Super Rugby, a miña idea era poñerme axiña cos equipos europeos do Pro12, Top 14 e Aviva Premiership. No futuro traballarei tamén en crear os artigos de tódolos equipos da Currie Cup e ITM Cup. Un saúdo. JonnyJonny 15:12, 8 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Subir fotos
Piquito, segundo o historial da túa conta de usuario, non tes experiencia cargando ficheiros con ningún dos dous sistemas. Déixame suxerirte que probes a subir algunha foto á Galipedia e a Wikimedia Commons, para facer, con coñecemento de causa, as propias valoración sobre cal dos dous sistemas é máis "amable".
Xa me contarás.
Un saúdo e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 09:35, 20 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Imaxes
Non se pode, Piquito. Se as imaxes están tiradas de xornais e non teñen ningunha licenza aberta indicada, daquela están suxeitos a dereitos. O tema das licenzas é bastante complexo, e o único que che podo dicir é que a maneira de te asegurares de que a imaxe vai quedar é que sexa da túa autoría e a liberes no dominio público. Se non es ti o autor, as dificultades han ser moitas. De calquera maneira, eu disto seiche pouco; quen o coñecen ben son HombreDHojalata e Xabier Cid, entre outros. Un saúdo e sinto non poder ser de máis axuda. --Atobar (conversa comigo) 12:25, 21 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Pontevedra ou Ourense?
Piquito, na táboa que engadiches [5] pon que os datos son de Ourense--. HombreDHojalata.conversa 19:59, 22 de setembro de 2011 (UTC)
- Ok, vou durmir. A ver se maña pódoche explicar algo das imaxes. Deica--. HombreDHojalata.conversa 22:49, 22 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Re: IRFU
Tes toda a razón, Piquito. Sei que a tes, pero cando me poño a teclear non me decato do erro. En fin, tentarei fixarme mais nese detalle que sempre esquezo. Por certo, nos vindeiros días eille dar un cambio de imaxe e unha actualización ós artigos Pro12, Top 14, Heineken Cup e European Challenge Cup, como fixen con Super Rugby, Liga Española de rugby 2011-2012 ou Aviva Premiership. Agardo que estés dacordo, xa que coido que tí eres o creador de moitos destes artigos. Nada mais, seguimos en contacto. JonnyJonny 19:32, 26 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Propiedade das fotos / obras derivadas
Piquito, a nós o que nos interesa é a propiedade artística, non a propiedade física. Ti esquécete de quen é o dono da obra que sexa, iso non nos afecta para nada. Tes que pensar sempre no autor. No creador. No artista. No titular dos dereitos sobre a propiedade intelectual, que pode coincidir que sexa o posuidor da obra ou non.
Cando fas unha foto dunha obra estas a facer unha obra derivada. Se lle fas unha foto ó escudo da camiseta, o deseñador dese escudo ten uns dereitos sobre a propiedade intelectual desa creación.
Outra cousa é que nunha foto que ti tires apareza por algures, en pequeniño, algunha obra que teña dereitos de autor. Iso admítese. Chámase De minimis. Pero tería que ser de forma que a resolución da foto non permitira recortar o escudo e empregalo coma obra independente. E dicir, que non se puideran derivar obras que terían que volver a licenciarse respectando o copyright de orixe.
Hai obras que non citan a licenza é están no dominio público. Segundo as leis internacionais e españolas, basicamente cando pasaron 70 anos desde que finou o autor, inda que hai moreas de lexislacións específicas, segundo os países, segundo os casos... Habería que ver un por un. A lexislación cubana é menos restritiva. Nalgúns países permítese a reprodución de papel moeda, noutros non... etc, etc, etc, poderíamos estar falando de casos diferentes toda a semana.
Eu non é que saiba muito do tema é que cando se me da un caso póñome a ler nas páxinas de axuda, que son moi completas, na Wikimedia Commons.
Un saúdo e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 20:23, 26 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Licenzas dos textos
Piquito, moi bo o traballo que estás a facer, pero ten en conta que non podes deixar frases tal cal aparecen no lugar de orixe. Para este artigo da Filharmónica de Galicia colleches parágrafos completos de sinafonicadegalicia.com. Iso non poder ser, hai que reformalo de tal maneira que o digamos coas nosas palabras. Do contrario, podemos ter un problema e ademais o teu traballo serviría de pouco. En fin, que trates de explicar o que les coas túas palabras e evito sempre o copia/pega. Un saúdo e como che dicía, bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 16:34, 28 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Ton enciclopédico e neutralidade
Piquito, trata de darlle outro ton a isto. Ten en conta que canda se di "unha das mellores do Estado", "un gran potencial musical" etc. tes que acompañalo dunha referencia concreto de por que é así. Unha enciclopedia, polo xeral, prescinde de adxectivos de loa. O seu é achegar datos concretos e que o lector valore a importancia destes. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:21, 7 de outubro de 2011 (UTC)
[editar] Re. Dereitos de Imaxes
Se non se especifica a licencia a obra ten tódolos dereitos de autor reservados. Porén, neste caso haberá material tirado por fotógrafos que finaron fai máis de 70 anos. Esas imaxes están no dominio público. Tamén están no dominio público se se descoñece o autor e foron publicadas fai máis de 70 anos.
Botareille un ollo a Alzamento de Pascua e xa che contarei. --. HombreDHojalata.conversa 18:53, 9 de novembro de 2011 (UTC)
- O mesmo che digo. Nos vindeiros días hei de o ler. --Atobar (conversa comigo) 19:21, 9 de novembro de 2011 (UTC)
[editar] Alzamento
Nun artigo de calidade, se se pode, é mellor ter os gráficos en galego.
Se me traduces ti o texto deste, eu fago a versión galega do ficheiro vectorial co Inkscape:
| inglés | galego |
|---|---|
E seguimos falando. --. HombreDHojalata.conversa 20:26, 9 de novembro de 2011 (UTC)
[editar] Re:Artigo de calidade
Eu teño claro que xa o é, pero para convencer aos indecisos quizáis sexa preciso crear algunha ligazón en vermello máis e retirar algunha ligazón externa, que se cadra son excesivas. Vou lelo moi detidamente esta fin de semana para ver se lle detecto algún erro de lingua. De todos os xeitos, mencionou nunha ocasión HombreDHojalata que ten que transcorrer un determinado prazo para volver propór como artigo de calidade un que foi rexeitado como tal previamente. Seguimos en contacto! --Paradanta (Cóntame) 21:41, 9 de novembro de 2011 (UTC)
- Tres meses, e xa pasaron. --. HombreDHojalata.conversa 22:47, 9 de novembro de 2011 (UTC)
[editar] Sinatura
Piquito, porfa, revisa a túa sinatura, creo que leva un <sup> non pechado con </sup> que provoca que tódalas conversas despois da túa aparezan pequeniñas. --. HombreDHojalata.conversa 19:11, 11 de novembro de 2011 (UTC)
- Xa debe estar ben, non te preocupes. Referíame a abrir sen pechar superíndice, ou viceversa [6] [7]. --. HombreDHojalata.conversa 21:12, 11 de novembro de 2011 (UTC)
[editar] Ás voltas co Alzamento de Pascua
Xa fixen a lectura do artigo e penso que está en condicións de ser proposto outra vez como artigo de calidade, sobre todo logo das correccións que fixo HombreDHojalata. Só nos falta unha cousa, que é a de crear máis artigos a partir das súas ligazóns en vermello. Penso que se nos comprometemos os dous a ilas facendo por volta do Nadal xa poderemos propoñelo con certas garantías. Que dis? --Paradanta (Cóntame) 12:39, 13 de novembro de 2011 (UTC)
- Para non dispersar a conversa en varias páxinas de usuario, seguimos o tema aquí, paréceche? --. HombreDHojalata.conversa 17:05, 13 de novembro de 2011 (UTC)
[editar] Fotos de Flickr
Cada imaxe de flickr ten a súa propia licencia. Fíxate. So podes subir as que sexan "Atribución de Creative Commons" ou "Atribución-Compartir baixo a mesma licenza de Creative Commons".
Para facelo a mellor maneira é empregar unha ferramenta, como por exemplo esta. --. HombreDHojalata.conversa 14:23, 19 de novembro de 2011 (UTC)
[editar] Categorías
Piquito, fixen engadidos deste tipo nalgunha das categorías que creaches: [8].
A maioría das veces ás categorías novas hai que meterlles máis dunha nai. Date conta que ten que haber algún xeito de chegar dende Categoría:Bélxica ata Categoría:Violonchelistas de Bélxica.
Un saúdo, e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 22:41, 28 de novembro de 2011 (UTC)
[editar] Problemas de copyright
Ola, Piquito, que tal?
O artigo que creaches hoxe de José López Calo era unha tradución case literal dunha nota biográfica publicada na revista Opus Musica. Eses contidos están protexidos por copyright, e habería que borrar inmediatamente o artigo. Ao final, por outras vicisitudes (o artigo Xosé López Calo xa existía), fixen un traballo de adaptación, incorporando outras fontes, reordenando frases e seccións e demais. Dígoo pois unicamente para o futuro: non se pode traducir literalmente unha fonte na Wikipedia, a non ser que esa fonte non teña copyright (pero non é o caso). Saúdos! --Xabier Cid Talk 2 me, please 10:39, 1 de decembro de 2011 (UTC)
[editar] Sibir Novosibirsk
Boas, Piquito. E digo eu: A redirección Sibir Novosibirsk debera ser mais ben unha páxina de homónimos cara ó HC Sibir Novosibirsk de hockey xeo e cara ó FC Sibir Novosibirsk de fútbol (que participou na tempada 2010 da Liga Premier de Rusia), en previsión de que no futuro alguén cree o artigo sobre o equipo de fútbol, ¿non crees?. Nada mais, só isto. Un saúdo. JonnyJonny 12:30, 16 de decembro de 2011 (UTC)
[editar] Modelo Ópera
Pois non te creas que eu son un experto en modelos de información. Pedinlle axuda a Toliño que el si que o arranxa seguro. --. HombreDHojalata.conversa 21:45, 17 de decembro de 2011 (UTC)
- O principal problema é que na Wikipedia en castelán empregan unha clase
class="infobox_v2"que deberon crear eles para o proxecto e nós usamos simplemente a claseclass="infobox". Tan sinxelo como cambiar isto. Agora queda dar algún outro formato para centrar algúns textos. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:28, 18 de decembro de 2011 (UTC)- De nada. Pero se me deixas uns minutos transformo o modelo para que pase a usar o formato {{Infobox}} como moitas outras caixas de información. Así queda todo máis homoxéneo. --Toliño Fala aquí comigo 12:37, 18 de decembro de 2011 (UTC)
[editar] Artigos de ópera
Grazas. Pouco a pouco. Máis vale a constancia. Se o artigo non sae agora pode volver propoñerse dentro duns meses, sobre todo grazas ó traballo que estás a facer. Para as revisións da lingua tamén llo podes pedir a Alejandro para casos puntuais, que ten un nivel profesional. --. HombreDHojalata.conversa 14:03, 23 de decembro de 2011 (UTC)
[editar] Alzamento
Compañeiro, a ver se lle damos un derradeiro pulo ao Alzamento de Pascua, creando o maior número posible de molestas ligazóns vermellas que aínda ten, antes de presentalo outra vez a candidato para artigo de calidade. Paréceche? --Paradanta (Cóntame) 11:27, 6 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] Sección outros artigos
Ola, Piquito. Si, lin os teus comentarios, e este punto en concreto para min era demasiado evidente que se trataba dun erro. Esta sección de Outros artigos está para completar con artigos relacionados e sempre necesarios e moi ligados ao que se trata. Ademais, do mesmo modo que non pomos unha ligazón á RAG por escribir tal persoeiro na norma RAG, tampouco metemos reintegracionismo porque teña unha obra escrita cun outro galego. En todo caso, non é un tema que me importe demasiado. Polo tanto, desfai a miña edición se o cres acaído, pero eu manteño, e con total firmeza, que ese artigo non debe ir citado aí de ninunha das maneiras. Un saúdo e a seguir. --Atobar (conversa comigo) 18:28, 9 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Sen problema, Piquito. Non obstante, mesmo cando Paz-Andrade pode ter defendido esa postura (na rede, onde hai infinitamente máis reintegracionismo ca na realidade palpable -onde por non ser non é nin residual-, atoparás diversas páxinas web onde remarcan esa posible 'filiación'), non creo que deba ir aí iso (si podería ir como unha mera nota ao pé no lugar preciso onde algún editor queira comentar ese aspecto, se cre acaído e de interese comentalo, que esa é outra). Acaso pomos RAG na sección Outros artigos con cada un dos que escribimos no galego que regula a RAG-ILG? Verdade que non? Velaí, sen ir máis lonxe unha argumentación que xa fai de mantelo como está agora un agravio comparativo. Na entrada de Valentín Paz-Andrade, ademais, as referencias ás normativas segundo eu o vexo están fóra de lugar. Por último, eu non consultaría para este tipo de miudallos a comunidade; corre o risco de se converter no conto de nunca acabar. Imaxina ti que cada vez que alixeirásemos o número de ligazóns externas (que o facemos seguido quen traballamos dando formato), tivésemos que buscar un consenso... daquela eternizaríamonos con cada artigo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 19:17, 9 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] Malibrán
Hai muita bibliografía que ven decindo que chegaba sobrada a soprano [9], porén o criterio que sigas, que tes más coñecemente técnico ca min, parecerame ben. --. HombreDHojalata.conversa 10:18, 10 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] Cidades de Irlanda
Ola, Piquito; estiven fedellando no marcador de demografía de Irlanda, pero non sei a que te refires co de descadrado; eu véxoo correctamente. A que te refires? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 01:38, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] Borrar ou non borrar
Ola, Piquito. Entendo o que dis. Agardei algo a ver se esa IP anónima seguía a editar. Parto da base de que se é un químico de importancia alguén, máis tarde ou máis cedo, creará o artigo. Pero se non, tampouco se perde nada porque desapareza a frase Químico alemán. :). Se alguén ve o marcador de borrar e decide crear un artigo, estupendo. Quero dicir, fíxeno conscientemente, volvería facelo, e paréceme estupendo que ti o rescatases. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 17:36, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] Re:Varos sobre o alzamento
Ola, Piquito! Paréceme ben mudar Gran Bretaña por Reino Unido, xa que naquela altura o nome do estado era Reino Unido de la Gran Bretaña e Irlanda. Sobre o tema da ampliación, penso que non cómpe engadirlle máis. Os artigos de calidade deben ser completos pero accesibles, e un exceso de información pode convertelo en farragoso. O que si se podería facer sería crear ese artigo e engadir ao inicio do apartado correspondente en Alzamento de Pascua o modelo "Artigo Principal". Pero iso pódese facer máis tarde, non o vexo esencial de cara á súa candidatura a artigo de calidade.
A miña colaboración no artigo ten sido residual. Eu non engadín practicamente nada novo, agás unhas cantas fotos, limiteime só a labores de corrección de lingua e ligazóns. Xa que logo, creo que unha proposta efectuada por min entraría dentro dos parámetros politicamente correctos requeridos.
Se che parece ben, propóñoo en canto me deas unha resposta afirmativa. As ligazóns vermellas que quedan, que como ben dis son ben poucas, pódense ir facendo, algunhas, mentres que estea en curso a votación. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 11:55, 13 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] Licenzas
Se non se especifica a licencia a obra ten tódolos dereitos de autor reservados. Porén, neste caso haberá material tirado por fotógrafos que finaron fai máis de 70 anos. Esas imaxes están no dominio público. Tamén están no dominio público se se descoñece o autor e foron publicadas fai máis de 70 anos.--. HombreDHojalata.conversa 15:36, 13 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] A Coruña
Boas, vin a túa última achega ó artigo sobre o tema do topónimo e non me parece demasiado neutral..., o que di a RAE é unha recomendación para o uso en textos en castelán que non sexan oficiais, cando se consulta a referencia lese que o topónimo a usar para textos oficiais é "A Coruña"... Penso que si queremos incluir esa información, para min non demasiado relevante e quitaríaa, habería que redactala doutro xeito. Sobre o comentario que fixeches na taberna sobre o artigo vouche contestar alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:44, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)
- O tinglado dos topónimos é un problema de calibre 21, o caso é que eu non controlo de dereito pero non penso que unha institución como a RAE, que ten unha reputación seria, se adique a ir en contra da legalidade vixente..., non?.
- Ollo, con todo isto non quero dicir que comparta a súa opinión nin moito menos, o que quería só era que a información que contén o artigo fose o máis exacta e neutral posible, e penso que pode mellorarse. A túa proposta de quitar a última parte paréceme que é máis axeitada. Ademais date conta doutra cousa, esa última parte só se podería incluir se tivésemos referencias que a apoiaran, eu non as coñezo nin escoitei nada ó respecto co cal é outro punto máis para quitala. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:40, 17 de xaneiro de 2012 (UTC)
-
- Graciñas. Por certo, por si non o ves, fixen unha propostiña no modelo de localidade para achegar a información de educación, e tal e tal, cando queras mira a ver o que che parece. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:31, 17 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] Marcador
Ola, Piquito. Home, eu creo que este artigo en concreto non presenta moita dúbida para quedar sen o marcador. Os marcadores enprogreso son para guiármonos e para sabermos que hai que corrixir con máis urxencia. Eu persoalmente son partidario de deixar sempre un mínimo de cabezallo e algo a maiores (for un véxase tamén con ligazóns externas, unha imaxe, unha puca de biografía sinalada etc.) e non pór marcadores enprogreso, os cales dan unha sensación de desleixo importante. Neste caso da entrada de cosí fan tutte non creo que haxa moito debate en tanto que xa ten as súas seccións, un cabezallo inicial, notas e un modelo, e ademais non é unha entrada chamémoslle prioritaria para a wiki en galego (se for unha importante ópera de noso, por exemplo de Gustavo Freire, daquela si entendería que optemos por lle deixar o marcador para que alguén se poña co choio o antes posible). En todo caso, tal cal eu o vexo, ningún de nós os dous está exento de razón, porque o tema dos marcadores é un debate que saíu moitas veces (e seguirá saíndo) e para o cal é difícil estabelecer uns parámetros concretos sobre os que todos deamos en estar de acordo. En todo caso, insisto: cando hai un mínimo razoable creo que non debemos poñelo, non só porque deixen esa sensación de chafallo a medio facer senón tamén porque, se o pensas, en realidade, levando ao extremo ese criterio, todo debería levar un marcador enprogreso. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 00:15, 26 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] Moïse et Pharaon
Simplemente edita Moïse et Pharaon meténdolle contidos novos de seu e xa está. --. HombreDHojalata.conversa 10:49, 1 de febreiro de 2012 (UTC)
[editar] Antivirus
Proba con outro equipo e revisa o antivirus. perdon stou d viaxe HdH
[editar] Nautico
Tes razón, parece ser que Palacios fixo un proxecto en 1907 [10], pero o Nautico foi obra de Castro Represas en 1944. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 09:37, 13 de febreiro de 2012 (UTC)
[editar] Re:Artigos de calidade
Tardei, pero xa está proposto o Alzamento de Pascua como artigo de calidade, tal e como me pediches. Andeiche moi enleado ultimamente, así que desculpa pola tardanza. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 16:34, 16 de febreiro de 2012 (UTC)
[editar] Deportes por ano
Ola compañeiro. No tocante ás competicións deportivas que se levan a cabo durante dous anos consecutivos, como son as ligas españolas de fútbol, baloncesto, balonmán etc, eu tomo o criterio de incluilas na categoría correspondente ó ano no que remata a competición. Un exemplo: o Real Madrid proclamouse por última vez Campión de Europa de fútbol no ano 2002, ainda que o torneo comezou en 2001, e creo que calquera que busque o artigo correspondente á Liga de Campións 2001-2002, visitará a Categoría:Fútbol en 2002 na súa procura. Incluir o artigo tamén na Categoría:Fútbol en 2001 non sería nada incorrecto, pero eu non o fago porque o considero un chisco redundante. -- JonnyJonny (conversa) 17:42, 20 de marzo de 2012 (UTC)
- Por certo, o artigo Liga ACB 2009-10 xa existe, e está incluido nas categorías "Baloncesto en 2010" e "Liga ACB". -- JonnyJonny (conversa) 17:49, 20 de marzo de 2012 (UTC)
- Calquera colaboración axuda. A idea de crear as categorías dos anos trae consigo moito choio. Polo de agora só creei as categorías dos anos dos séculos XX e XXI. Beninho categorizou por anos a música contemporánea, eu fixen os deportes e estou rematando co cine, e ainda quero comezar coa ciencia por anos, política por anos, historia militar por anos, arquitectura por anos, pintura por anos, literatura por anos etc. Dentro dunhas semanas, cando cree as categorías de anos doutros séculos, ei pedir a túa axuda para que categorices a música deses séculos por anos, se estás dacordo. Unha aperta. -- JonnyJonny (conversa) 18:02, 20 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Música por ano
Boas Piquito. Estiven botándolle un ollo á clasificación que teñen na wiki en inglés para ver se atopaba inspiración, pero alí ese tipo de composicións musiais as teñen categorizadas doutro xeito. Tal vez a solución que apuntabas de "Composicións musicais por ano" metida na categoría de "Música por ano" sexa a mellor solución para telo todo mellor atado. Un saúdo! --Beninho (conversa) 22:43, 20 de marzo de 2012 (UTC)
- Non che sei, tío, porque non teño experiencia editando artigos sobre música, e respeto moito o bo traballo que facedes os especialistas, como Beninho e tí, e na miña opinión o que manda é o voso bo criterio. Se eu tivese que opinar, se cadra diría que as categorías son algo redundantes en dous puntos concretos. Explícome cun par de exemplos:
- Exemplo 1 - Na Categoría:Música en 1890 xa se sobreentende que van a aparecer composicións musicais (non sei qué mais pode aparecer) polo tanto se o fixese eu, a Categoría:Óperas de 1890 iría directamente en Categoría:Música en 1890, eliminando a Categoría:Composicións musicais de 1890. (Na miña humilde opinión tódalas distintas composicións poden ir directamente na Categoría:Música en 1890).
- Exemplo 2 - A Categoría:Óperas por data e a Categoría:Óperas por ano semellan a mesma categoría. Eu se cadra eliminaría a primeira e metería a segunda directamente na Categoría:Óperas. -- JonnyJonny (conversa) 01:58, 21 de marzo de 2012 (UTC)
-
- Moi boas, no caso da sub-categoría de "Composicións musicais" non teño moi claro o de meter dentro os álbums, sinxelos e EPs como di Piquito. Persoalmente, dentro da música moderna considero como composición unha canción (aínda que hai álbums conceptuais que poderían considerarse como unha única peza), polo tanto un álbum ou un EP serían unha "colección de composicións", e o sinxelo, a pesar de que adoita a ter moi poucos temas e moitas veces é o mesmo con variacións, pois tampouco é unha peza única, non sei se me explico. Así que a priori deixaría esas categorías como están dentro de "Musica por anos". Despois estou dacordo con JonnyJonny sobre as categorías "por data" e "por ano", que semellan a mesma. --Beninho (conversa) 00:42, 23 de marzo de 2012 (UTC)
-
-
- Agora si, creo que eu tamén entendín mal, non foi so culpa túa jeje. O de agrupar álbums, EPs e sinxelos nunha subcategoría paréceme ben; agora hai que verlle o do nome. E con respecto ao das óperas ten sentido que cunha historia tan longa se cree unha categoría intermedia. --Beninho (conversa) 02:17, 24 de marzo de 2012 (UTC)
-
[editar] Auditorio de Galicia
Ola Piquito. Se a páxina non indica expresamente que ten unha licenza libre e as condicións da licenza para que se poda verificar se é compatible coa Wikipedia (debe permitir obras derivadas e uso comercial) o texto non se pode usar. Na páxina do Auditorio non di nada das condicións de uso, polo menos eu non o vexo, neses casos hai que asumir por omisión que ten copyright. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:35, 26 de marzo de 2012 (UTC)
- Grazas a ti polas túas achegas. Penso que quedando co esencial sen tanto texto e información técnica e no caso de ser precisa poñer unha pequena mención entre aspas ou como referencias á fonte orixinal xa se pode amañar. Creo que é mellor que sexas ti, cando poidas, o que redacte o novo texto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:10, 26 de marzo de 2012 (UTC)
- Ao final corrixín esa parte do artigo, espero que che pareza ben. Eliminei todas as especificacións técnicas destinadas á descrición das salas para a súa contratación. Deixei o básico, se esquecín algo ou quedou incompleto corríxeo se queres. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:49, 27 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Pazo da Cultura de Carballo
Ola, Piquito! Movín o título do artigo que creaches a Pazo da Cultura de Carballo, porque é o formato utilizado neste tipo de artigos (como Pazo da Cultura de Pontevedra, por exemplo). Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:19, 26 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] CRAT
Boas tardes compañeiro. Sobre a túa última edición no artigo Club de Rugby Arquitectura Técnica: é certo que nos últimos 10 años o equipo senior masculino disputou moitas veces as eliminatorias de ascenso á División de Honra B, pero non tódolos anos. Por outra banda, coido que a sección senior feminina do CRAT xa vai merecendo unha maior presencia dentro do artigo, tralo subcampionato na liga española do ano pasado, e o título de liga galega desta tempada. Se cadra esta noite lle voto unha man ó artigo. Saúdos. -- JonnyJonny (conversa) 13:40, 27 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Datos imaxes
Si. É obrigatorio a efectos de "poder comprobar o estaus do copyright".
Se a foto a tiraches ti, eu recomendo que metas a plantilla {{own}}, que devolve "obra propia", así queda dito que é obra propia mesmamente en multilingue se despois alguén a sube a Wikipedia Commons, cando a lea un usuario que teña configurada as preferencias en xaponés a él apareceralle "obra propia" escrito en xaponés, etc...
O nome do autor pode ser perfectísimamente un pseudónimo, o mesmo que empregas no proxecto, coa ligaxón correspontente, no teu caso: [[User:Piquito|Piquito]]. Empreguei "user" e non "usuario" a proposito, así o código volve ser valido na Galipedia e ao mesmo tempo compatible se alguén sube despois a imaxe a Wikimedia Commons.
Bo traballo! A seguir! --. HombreDHojalata.conversa 07:34, 28 de marzo de 2012 (UTC)
- Piquito, igual no me expresei ben, {own} serve para poñer en source:
-
- source={{own}} (que da como resultado Orixe=Obra propia)
- En autor hai que poñer o nome do autor (p.ex. "Piquito"):
-
- author= [[User:Piquito|Piquito]] (que da como resultado Autor=Piquito)
- --. HombreDHojalata.conversa 12:32, 28 de marzo de 2012 (UTC)
-
-
- O de empregar o modelo {{own}} non é obrigatorio, eh. A maioría da xente simplemente teclea "Obra propia" e xa está. --. HombreDHojalata.conversa 12:42, 28 de marzo de 2012 (UTC)
-
[editar] Elitserien i handoll för herrar
Ola Piquito. Se o título Elitserien i handoll för herrar é un erro, o que debes facer é movelo ó correcto sen deixar unha redirección, ou marcalo para borrar. Supoño que haberá que borralo, pero espero a que o confirmes. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:53, 4 de abril de 2012 (UTC)
- É moi fácil. Na ventá de "Mover" tes que escrbir o novo título e o motivo do movemento. Debaixo hai varias opcións, entre as que nos interesa "Deixar unha redirección detrás". Por defecto está marcada. Se a desmarcas, o artigo co título erróneo desaparece e só nos queda o artigo co novo título. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:57, 5 de abril de 2012 (UTC)
- Síntoo pero acabo de enterarme que a opción de deixar ou non unha redirección detrás só está accesible ós administradores. Así as cousas, se te ves nesa situación outra vez, só che queda marcar a páxina errónea como lixo, para que a borremos nós. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:20, 5 de abril de 2012 (UTC)
[editar] Palacio dos Deportes de Riazor
Boas noites Piquito. Anótate unha petición. Non temos nin artigo nin imaxes do Palacio dos Deportes de Riazor, e parece mentira. Se tes tempo e ganas, xa que entendo que eres "liceista", eres o wikipedista propio para lle crear un artigo ó recinto e para achegar algunha fotografía, anque sexa só do exterior. Adiante co choio. Un saúdo. -- JonnyJonny (conversa) 23:58, 15 de abril de 2012 (UTC)
- Excelente traballo. Non tiña nin idea de que ías aceptar o reto deste artigo tan axiña. Respecto do nome, a min éme igual Pazo ou Palacio. O que haberá que saber é cal dos dous é o nome oficial, por exemplo na web do Concello da Coruña ou na web do HC Liceo. Sobre o das fotos, non hai ningunha presa, e sobre o contido do artigo, tan só engadiría algún dato sobre o equipo de fútbol indoor do Deportivo. En fin, grazas pola túa rápida resposta. Eu tamén estou para o que pidas. Unha aperta. -- JonnyJonny (conversa) 02:30, 16 de abril de 2012 (UTC)
[editar] Datos das imaxes
Piquito, porfa, compétalle os datos de Ficheiro:HC Liceo vs Igualada HC, semis Copa CERS 2010.JPG e Ficheiro:Autobús-Santiago-Compostela.jpg. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 07:46, 25 de abril de 2012 (UTC)
[editar] Caixa de información para imaxes
Todas as imaxes subidas á Galipedia deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregadas nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.
Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):
{{Information
|Description= Descrición da imaxe (que é?, onde foi feita?...) que facilite o seu emprego na Galipedia.
|Source= Ligazón ou cita á fonte de onde se pillou a imaxe, se a imaxe é de autoría propia debe expresarse.
|Author= Nome do autor da imaxe.
|Date= Data en que se fixo a imaxe.
|Permission= Características da licenza (dominio público, GFDL, compartir igual,...).
|other_versions= Ligazóns a outras versións da mesma imaxe (se houbera).
}}
En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves. --. HombreDHojalata.conversa 18:40, 2 de maio de 2012 (UTC)
[editar] Códice Calixtino
Boas tardes, Piquito. Na páxina de votacións sobre nomear o artigo como destacado sobre Galicia puxen un comentario que me gustaría revisaras. A maiores desa impresión xeral, hai algún detalle que quero comentar contigo, aínda que sobre extremos que igual non son da túa colleita. O artigo merece unha discusión para eliminar posibles eivas e conseguir así non só que sexa destacado senón que tamén o sexa de Calidade. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:27, 5 de maio de 2012 (UTC)
- Xa vin o que di a es:wiki e seguramente teremos que tirar de aí. Eu tampouco teño moita información e na rede, ademais do feito do seu roubo, atopei moi pouca información. Polas miñas partes, si que podemos -e debemos- revolver por aí a ver qué información e referencias podemos atopar para enriquecer esa parte "literaria" que quedou cativa. Así que ó chollo. Pero mañá se non te importa, que hoxe estou canso. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:11, 9 de maio de 2012 (UTC)
[editar] Varias columnas
Ola, Piquito. É unha chorrada, pero é que agora mesmo non me acordo. Fixen un par de probas pero non dei coa solución. Acabo de llo comentar a Toliño; supoño que che ha responder en breve. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:13, 8 de maio de 2012 (UTC)
- Supoño que o que queres é o mesmo que fixen eu no artigo Lista dos campos de golf de Galicia, no que empreguei { {Listaref|2} } para ter as referencias en dúas columnas. Se queres ter 3 columnas, cambias o "2" por un "3" e xa está. -- JonnyJonny (conversa) 14:30, 8 de maio de 2012 (UTC)
- ¿Por qué dis que non vai?. Sí que vai. E tamén iba con 3 columnas. -- JonnyJonny (conversa) 16:16, 8 de maio de 2012 (UTC)
- Pois é ben estrano, abofé, porque no meu ordenador agora vense as 3 columnas. Eu teño Firefox. ¿E tí?. Se cadra tes Chrome, que de cando en vez da erros con Wikipedia. -- JonnyJonny (conversa) 11:12, 9 de maio de 2012 (UTC)
- ¿Por qué dis que non vai?. Sí que vai. E tamén iba con 3 columnas. -- JonnyJonny (conversa) 16:16, 8 de maio de 2012 (UTC)
Boas, Piquito. Fixen unhas modificacións no modelo de referencias e agora eu xa vexo perfectamente as tres columnas no Google Chrome. Mira a ver se ti tamén. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:07, 9 de maio de 2012 (UTC)
[editar] Caixas dos equipos de hóckey a patíns
Podes facer así. Non sei se che vale. Non coñezo outro xeito sen facer trocos no modelo da caixa. O problema é que só podes poñer un traxe. Se pos dous traxes, sáenche un enriba do outro. -- JonnyJonny (conversa) 14:23, 9 de maio de 2012 (UTC)
[editar] Template teatro
Polo que mirei, non parece que haxa ningunha caixa de modelo específica para os teatros. Con todo, antes de creala convén que llelo preguntes e HombreDHojalata e mais a Elisardo, que eles andan bastante con esas cousas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:56, 10 de maio de 2012 (UTC)
- Estiven mirando e eu tampouco atopei ningunha, non me parece que haxa, pero se non tes présa (estes días estou liado e ó mellor ata finais da semana que ven non me podo poñer con el) podo adaptar este modelo da es-wiki á Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:30, 10 de maio de 2012 (UTC)
- Xa está medio listo o Modelo:Teatro, só falta tentarlle engadir un modelo para meter un mapa coa localización pero iso vou ver se consigo facer que funcione para a semana, que ó mellor non me funciona. Tal e como está pode usarse sen problema, hai un exemplo en Teatro Jofre. Se hai algún problema ou tes algunha dúbida xa sabes ónde está a miña páxina. Se podo facer o do mapa de localización xa che aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:28, 30 de maio de 2012 (UTC)
[editar] Igrexa de San Gonzalo
Ola, Piquito! Movín o título do artigo que creaches a Igrexa de San Gonzalo de Amarante, pois adóitase traducir ao galego o nome da advocación, e incluír o lugar do templo para evitar confusións (por exemplo, Basílica de Santa María a Maior de Roma, ou a conversa de Igrexa de San Martiño de Tours de Belchite.
O artigo quedou ben chulo! Incluín unha ligazón ao mesmo no artigo de Amarante.
Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:13, 17 de maio de 2012 (UTC)