Sacaúntos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Sacaúntos é un personaxe "asustanenos", igual que o home do saco, un personaxe grande e mal vestido. Ás veces tamén se lle chama o papón, en alusión a que pode papar (no sentido de comer) a alguén, especialmente aos nenos.

O Sacaúntos, de ollar terrible, dedícase a sacarlle a graxa aos nenos pequenos ata deixalos nos ósos. Unha vez ten o unto marcha para o bosque onde o come para volverse forte e vigoroso coma os nenos. Segundo outros, desta forma saca cartos ao vendérllela ós vellos, para cambiar o seu sangue por outro máis novo.

A orixe do personaxe pode talvez ser medieval, polos casos de antropofaxia que se deron nas grandes famuras.

Etimoloxía: do gótico saka ("preito, extraer, sacar") e do latín unctum ("aceite, ungüento, manxar").