Urco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Urco editora.

O can do Urco ou can do Mar[1] é unha figura mitolóxica galega. Trátase dun animal fantástico que adoita adoptar a forma dun enorme can negro ou branco con cornos e orellas longas[1][2] que sae do mar arrastrando cadeas[3].

Índice

[editar] Lenda e caracteríricas

A súa presenza, como a de moitas outras figuras fantásticas semellantes, é considerada un mal agoiro, anunciador da morte[1][3][4]. Por outra banda, en Asturias existiu tamén a crenza no Urco, non obstante o mitólogo asturiano Constantino Cabal outorga ao animal o nome de "Huerco"[5].

En Pontevedra, a lenda do Urco se incluíu entre as celebracións do Entroido. Segundo Antón Fraguas, a partir de 1876 comezou a honrarse este monstro[6], baixo a forma dun enorme e feroz can capaz de tragarse de un solo mordisco veinte sacos de calderilla con la misma facilidad con que un burro se traga dos granos de cebada.

Segundo conta a mitoloxía popular este animal habitaría en Borrón[7][1], un lugar neboento e tebroso pertencente ao "Outro Mundo", de aí a comparación que ás veces se fai entre el e o Cérbero[8], o gardián do inferno.

[editar] Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Borrón. galiciaencantada.com. Consultado o 06-06-2009.
  2. Leandro Carré O Urco. geocities.com. Consultado o 06-06-2009.
  3. 3,0 3,1 Dúas ducias de cocos: Urco. galiciaencantada.com. Consultado o 06-06-2009.
  4. Eladio Rodríguez González, Diccionario Enciclopédico.
  5. «En tiempos antañones se debió llamar huerco todo lo que llegaba hasta nosotros como aviso de la tumba. Huerco, la sombra del futuro muerto; huerco, el ataúd en que se metía; huerco, el perro que aullaba por la noche...; y huerco, todo animal agorero de igual significación.»
  6. FRAGUAS, Antón: "Entroidos de hai máis de cen anos", n’O Correo Galego 25.02.1996. Eladio Rodríguez sitúa este feito nos anos 1877 e 1878.
  7. Lugar hoxe inexistente, situado nas beiras do río Lérez.
  8. J. R. Varela Ritos y premoniciones de la muerte en la cultura popular gallega.. jrvarela.net. Consultado o 06-06-2009.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas