Moura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As mouras son espíritos, seres fantásticos con poderes sobrenaturais dos folclores portugués e galego. Son "seres obrigados por oculta forza sobrenatural a vivir en certo estado de sitio como que entorpecidos ou adormecidos, en canto determinada circunstancia non lles rompa o encantamento".[1] Segundo antigos relatos populares, son as almas de doncelas que foron deixadas a gardar os tesouros que os mouros esconderan antes de partir para a súa terra.

As lendas describen as mouras encantadas como doncelas novas de grande beleza ou encantadoras princesas e "perigosamente sedutoras".[2][3] Aparecen frecuentemente cantando e peiteando os seus longos cabelos, louros como o ouro ou negros como a noite, cun peite de ouro, e prometen tesouros a quen as libere do encanto.

Poden asumir diversas formas e existe un gran número de lendas, e versións da mesma lenda, como resultado de séculos de tradición oral. Xorden como gardiás dos locais de paso para o interior da terra, os locais "límite", onde se acreditaba que o sobrenatural podía manifestarse. Aparecen xunto de fontes, pontes, ríos, pozos, cavernas, antigas construcións, vellos castelos ou tesouros escondidos.

Orixe[editar | editar a fonte]

Xúlgase que a lenda das mouras terá a súa orixe en tempos preromanos. As mouras encantadas presentan varias características presentes na Banshee das lendas Irlandesas. Tamén na mitoloxía Vasca, os Mairu (mouros) son os xigantes que construíran dolmens e os crómlecs. Na Sardeña podemos encontrar os domus das Xanas (casa das fadas).

Leite de Vasconcelos levantou a hipótese de as mouras encantadas poderen ter asimilado as características de divindades locais, como ninfas e espíritos da natureza. O mesmo xuízo facía Consiglieri Pedroso ao considerar as mouras "xenios femininos das augas".[4]

Na Península Ibérica, as lendas de mouras encantadas encóntranse tamén na mitoloxía Galega e Asturiana. Na tradición oral portuguesa, as Janas son unha outra variante de doncelas encantadas. Na mitoloxía polaca, a Mora é o espírito que deixa o corpo dos humanos á noite durante o sono. Na mitoloxía da Letonia, Māra é a deusa suprema. Na mitoloxía escandinava, Mara ou Mare é o espírito errante que deixa o corpo das mulleres durante a noite e causa pesadelos.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

"poisámoira"[5] ou bolboreta

Especúlase que o termo "mouro", nesta acepción, non derivaría do latín maurus ("habitante da Mauritania") mais do protocelta *mrwo> *marwo que significa morto.[6] Outra teoría é que o termo poda derivar da palabra grega "moira" (μοίρα), que literalmente significa "destino", e das Moiras, divindades orixinarias da mitoloxía grega. Tamén se considera unha posíbel orixe a palabra latina "maurus", "escuro", nome dado aos nativos da Mauritania.

Outra corrente indica que a orixe poderá vir das palabras celtas "mori", que significa mar, ou "mori-morwen", que designa serea, probabelmente relacionando as mouras coas ondinas ou as ninfas, os espíritos subhumanos que habitaban nos ríos e nos cursos de auga.

Unha outra posíbel orixe de moura (moira), tamén de orixe celta, é "mahra" e "mahr", que significa espírito.[7]

Variantes de Mouras[editar | editar a fonte]

A moura-fiandeira cargou a Pedra Formosa a cabeza en canto fiaba

A Princesa Moura é unha musulmá encantada que habita un castelo e apaixónase por un cabaleiro cristián do tempo da Reconquista. A Lenda da Moura Saluquia é unha outra variante: en vez de un cristián, o amor da Princesa Moura é un mouro. Moitas destas lendas tentan explicar a orixe de unha cidade e evocan personaxes históricas, outras lendas presentan un carácter relixioso como acontece na lenda de Oureana. No contexto histórico, os lugares, as persoas e acontecementos sitúanse nun mundo real, e existe unha localización temporal ben definida. No entanto, é posíbel que feitos reais se teñan simplemente fundido con antigas narrativas lendarias.

A Moura-fiandeira transporta pedras sobre a cabeza e fía cunha roca á cintura. A tradición popular atribúe a estas mouras a construción de castros, citanias, e outros monumentos megalíticos. As moedas antigas encontradas nas citanias e castros eran chamadas de "medalla das mouras". A Pedra Formosa encontrada na Citania de Briteiros terá sido, segundo narrativas populares, levada á cabeza para este local por unha moura que fiaba unha roca.

Quen se sentase nunha Pedra-Moura ficaría encantado, ou se algunha pedra encantada fose levada para casa, os animais poderían morrer. As "Pedras-moura" gardaban riquezas encantadas.[8] Existen varias lendas en que a moura, en vez de ser unha pedra, vive dentro de unha pedra. "A moura, porén, na nosa tradición como que vive dentro da pequena pedra que é arroxada no río. Mas as fairy irlandesas tamén viven no interior das pedras."[9] Na tradición popular dise que no penedo «éntrase para dentro» e «saíse de dentro», dicir posibelmente relacionado con as lendas das mouras. A moura é tamén descrita a viaxar para a mourama, sentada nunha pedra que pode flutuar no ar ou na auga. Dentro de grutas e debaixo das pedras, moitas lendas falan que existen palacios con tesouros.

A Moura-serpente é unha moura encantada que pode tomar a forma de unha serpente. Algunhas destas mouras serpentes, ou mouras-cobra, poden ter asas e poden aparecer como medio muller medio animal, como na lenda da serpente de Noudar ou do Monte d'Assaia.

A Moura-Mai toma a forma dunha rapaza encantada que está grávida, e a narrativa céntrase na busca de unha parteira que axude no nacemento e na recompensa que lle é dada.

A Moura-Vella é unha muller maior; as lendas en que aparecen mouras con figura de vella non son frecuentes.

Elementos das lendas[editar | editar a fonte]

Sepulturas cavadas na rocha chamada Maseira, onde a moura amasa o pan.

O ouro das Mouras pode aparecer en formas diferentes: figos, pedras, carbóns, saias, meadas, animais e instrumentos de traballo. Existen diferentes medios de se obter o ouro: pode ser ofrecido pela moura como recompensa, roubado, ou achado.

Frecuentemente está dentro dun vaso, escondido dentro de panelas enterradas ou outros recipientes, o que xa levantou a cuestión se sería algunha alusión a unha urna cineraria.

É no dia de San Xoán que se acredita que as mouras aparecen con os seus tesouros, cando se pode quebrar o seu encantamento. en algunhas lendas é neste dia que a moura encantada espalla os figos nun penedo, ao luar. Noutras variantes, a moura espalla os figos ou a meada de ouro ao sol en cima do penedo. Estas lendas están posibelmente relacionadas con a tradición popular de, nalgunhas rexións, apañarse o figo lampo no dia de San Xoán, un figo branco que se levaba de presente. Este dia marca a data do solsticio de Verán, sendo a súa referencia talvez a reminiscencia dalgún culto solar pagán.

A fonte é un dos locais que as mouras aparecen frecuentemente, moitas veces como serpentes. Moitas veces eran atribuídas virtudes máxicas ás súas augas, como na Fonte da Moura Encantada. tamén é do costume popular dicir de quen casou en terra allea, "bebeu da fonte" e ficou namorado, nunha alusión ás lendas en que os rapaces novos se apaixonan e fican encantados pelas mouras.

O encantamento da moura pode ser causado pelo pai ou algún outro mouro (ou xenio) que a deixou a gardar os tesouros, xeralmente unha figura masculina. Son xeralmente os mouros que teñen o poder de encantar as mouras. Nas lendas, a moura pode aparecer sola, acompañada de outras mouras encantadas, ou de un mouro, podendo este ser un pai, a persoa amada, ou un irmán.

Para se realizar o desencantamento da moura, pode ser solicitado segredo, un beixo, un bolo ou pan sen sal, leite, o pronunciamento de algunhas palabras, ou a realización dalgunha tarefa, como non ollar para algo velado e aguantar a curiosidade. Fallar é non desencantar a Moura e "dobrar o encanto", non obter o tesouro desexado ou perder a moura amada.

Nas lendas en que é solicitado o pan, levántase a hipótese de estaren relacionadas con a antiga tradición de se ofrecer alimento aos defuntos. Do mesmo modo, o leite pode estar relacionado con as ofrendas que se facían ás augas das fontes e ás cobras. A poboación máis antiga contaba tamén que as cobras gustaban moito de leite. unha das lendas das mouras de Formigais face referencia á preferencia das mouras por leite. Cando desencantada, a moura pode tornarse humana e casar con o seu salvador ou desaparecer. Na "Lenda do cinto da moura", despois de desencantada os mouros tentan encantar novamente a moura e facer con que retorne á mourama.

A mourama[10] é un local máxico onde moran os mouros encantados. Nas lendas con un contexto histórico, é o local onde os mouros musulmáns viven.

O tempo da mouraría representa un tempo incerto no pasado, a mesma referencia intemporal do "Era unha vez" ou o "Há moito moito tempo", con que comezan os contos de fadas.

As mouras eran asociadas a varios fenómenos naturais ou elementos da natureza. Acreditábase que o eco era a voz das mouras. Algunhas lendas contan que há locais onde aínda é posíbel ouvir unha moura a chorar.

Os monumentos funerarios son frecuentemente asociados ás mouras. En algunhas regiões, as antas son chamadas popularmente de mouras ou Casa da Moura, e antigamente acreditava-se que as mouras viviam nestas construções. A Pedra da Moura, a Antas de Pala da Moura, e a Anta da Arquinha da Moura son exemplo dos monumentos associados ás lendas.

Outro tipo de sepultura asociada ás mouras son as sepulturas cavadas na rocha, como é o caso de Cama da Moura, Cova da Moura e Masseira. Segundo a narrativa popular, a sepultura chamada Masseira era o lugar onde a "moura amasaba o pan".[11] nunha outra versión da lenda, o monumento prehistórico Pedra Escrita é o local da sepultura de unha moura.

Cazadores de tesouros[editar | editar a fonte]

A lenda do ouro das mouras atraeu algúns cazadores de tesouros. Na busca dos tesouro, as escavacións feitas nos locais onde as lendas dicían haber tesouros causaran a destrución dalgúns monumentos históricos como mámoas e antas.

Unha pasaxe do "Pseudo-Turpin" (Liber IV do Liber Sancti Jacobi): "Por tanto foilles imposto, sempre que acontecía, fuxir do país e enterrar as súas xoias na terra" [12] pode ter influenciado, no pasado, a crenza de que habería tesouros enterrados pelos mouros.

Locais das mouras[editar | editar a fonte]

Varios son os locais asociados ás lendas das mouras encantadas, moitos dos cales son de interese histórico.

Na literatura[editar | editar a fonte]

Modelo:Rquote

  • unha das referencias literarias medievais ás mouras encantadas encóntrase na peza teatral Cortes de Júpiter de Gil Vicente, representada en 1521.
  • As últimas décadas do século XIX foran marcadas por algúns esforzos para se crear un rexistro escrito das lendas das mouras encantadas. Almeida Garrett, frecuentemente citado como un dos pioneiros na recolla de lendas, face referencia ás mouras encantadas no poema D. Branca.
  • A moura encantada é descrita como: "É unha figura branca, toda branca, moito branca, cos cabelos, nin fíos de ouro,soltos pelas costas; e aparece a bailar na auga de un lado para o outro…"no libro Os tripeiros: romance-chronica do século XIV[13]

Modelo:Cadrocitación

  • Na súa obra “A Mitologia dos Mouros”, publicada en 2006, Alexandre Parafita face o rexistro de 263 lendas de mouros e respectivas variantes (con exclusión das lendas romanceadas), e, no estudo e interpretación que face, estabelece unha asimetría entre “mouros históricos” e “mouros míticos”, cabendo nestes últimos o arquétipo da “moura encantada”. Segundo este estudioso, no lendario popular, a moura aparece, unhas veces como gardiá de tesouros e de refuxios inaccesíbeis, tecedeira, tendeira, padeira, danzarina e cantora, acautelando a beleza con peites e fíos de ouro, outras veces transfigurada, por encanto, nas formas de serpentes, touros, sapos, cabras, voces e ruídos estraños, e case sempre en grutas, penedos, fontes, ríos, cisternas, antas, castros, torres ou pozos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vasconcelos, José Leite. (1938). Opusculos (Ed), Volume V, Etnologia (Parte I), Lisboa Imprensa Nacional, p. 496 [1]
  2. "Leal, Filipa. (10 Abril 2006), Que mouros son esses?, in PJ, Diário de Trás-os-Montes". http://www.diariodetrasosmontes.com/noticias/complecta.php3?id=8330.
  3. Parafita, Alexandre. A Mitologia dos Mouros, Porto, Gailivro, 2006.
  4. Medicina na Beira interior da Prehistoria ao século XX,nº13 1999, Cadernos de cultura, Ediraia [2]
  5. Vasconcellos, Leite. Dicionario de Regionalismos e Arcaísmos
  6. cf. páx 449-551 de Modelo:Referencia a libro
  7. Mara (folclore) na wikipedia en lingua inglesa
  8. Brandão,Abílio.(1911).Lendas de Mouras encantadas. Revista Lusitana, Volume XIV, Livraria Clássica Editora, Lisboa [3]
  9. Sarmento, Francisco Martins; A Mourama, Revista de Guimarães, n.º 100, 1990, pp. 343-353
  10. Sarmento, Francisco Martins; A Mourama, Revista de Guimarães, n.º 100, 1990, pp. 343-353 [4]
  11. Tente, Catarina; Lourenço, Sandra.(1998) Sepulturas Medievais escavadas nas rochas dos Conselhos de Carregal do Sal e Gouveia: estudo comparativo, Revista Portuguesa de Arqueologia,(1.2)[5]
  12. THE HISTORY OF CHARLES THE GREAT AND ORLANDO
  13. "Os tripeiros: romance-chronica do século XIV". http://books.google.com/books?id=6pYDAAAAYAAJ&pg=PA134&dq=moura+encantada&lr=#PPA130,M1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]