Castelo Branco
Castelo Branco é una cidade de Portugal, situada no centro interior do país, a unha distancia aproximada de 260 km ao nordeste de Lisboa. O concello sumaba 55.809 habitantes en 2001. O casco urbano propio achegábase aos 31.000 habitantes
Índice |
[editar] Administración
Castelo Branco é un dos municipios maiores de Portugal, cunha superficie de 1.439,94 km², subdividido en 25 freguesías administrativas. Limita polo norte con o concello de Fundão, polo leste con Idanha-a-Nova, polo sur con España, polo suroeste con Vila Velha de Ródão e polo oeste con Proença-a-Nova e máis con Oleiros.
Forma parte da rexión Centro e da subrexión da Beira Interior Sur. É a capital do distrito de Castelo Branco, que contaba con 208.069 habitantes en 2001.
O distrito de Castelo Branco corresponde aproximadamente à antiga provincia da Beira Baixa.
[editar] Subdivisións administrativas
As freguesías de Castelo Branco son as seguintes:
[editar] Historia
En 1213 recibíu carta foral de Pedro Alvito, cedida polos templarios, na que aparece a denominación Castel-Branco. Dous anos despois, o papa Inocencio III confirmouna, dándolle o nome de Castelobranco.
O mesmos templarios mandaron erguer as murallas e o castelo, entre 1214 e 1230. No interior dese recinto encóntrase a igrexa de Santa Maria do Castelo, antiga sede da freguesía. Aqui se reunían en asemblea dos homens-bos e as autoridades monástico-militares, até o século XIV.
No 1510 foille concedida nova carta foral a Castelo Branco, polo rei Manuel I.
En 1771 é elevada á categoría de cidade polo rei Xosé I, á par que o papa Clemente XIV crea a diocese de Castelo Branco que viría a ser extinta en 1881.
O Pazo Episcopal (anexo ao actual Museo Francisco Tavares Proença Júnior) é unha das mellores mostras do pulo da cidade na Idade Moderna. Mandado construír polo bispo da Guarda, Nuno de Noronha, entre 1596 e 1598, pasaría a ser logo a residencia dos bispos de Castelo Branco.
A cidade viría a tornarse capital do distrito aínda en 1959.
[editar] Economía
A cidade ten sona en Portugal pola súa artesanía de colchas. En canto a industrias modernas é sede da compañia Centauro, que fabrica refixeradores, e da multinacional láctea Danone.
[editar] Turismo
Algúns dos sitios a visitar son o xardín do Pazo Episcopal (1725), o castelo dos templarios e o Museo Francisco Tavares Proença Júnior, localizado no antigo Pazo Episcopal, rico en pezas arqueolóxicas, tapezarías, numismática e pintura quiñentista portuguesa.
[editar] Eventos
- Do 6 de xaneiro ao 30 de agosto - a Feira Franca
- Do 4 de outubro ao 18 de Decembro - a Feira do Gado Suíno
Quince días despois do Domingo de Pascoa festéxase a Feira da Señora de Mércules. Parte da tradición é tamém a Procesión dos Pasos.